Unha sonda xaponesa lanza un proxectil para tomar mostras no asteroide Ryugu

A misión Hayabusa2 está nun momento crucial no seu obxectivo de pousarse sobre a rocha espacial para traer restos de volta á Terra

A misión de Hayabusa2 (Falcón Peregrino, en xaponés) é tan abraiante como complicada. A A Axencia de Exploración Espacial Xaponesa (JAXA) fica en vilo á espera de confirmar un dos momentos máis críticos da expedición que levou esta nave ata o asteroide Ryugu, despois de máis de catro anos de viaxe. Esta pasada noite, Hayabusa2 debía pousarse na superficie da rocha despois dunha longa e complicada manobra de achegamento. E unha vez se pousara, debía disparar un proxectil de tántalo de cinco gramos de peso a 300 metros por segundo, co obxectivo de tomar mostras de po e pedras, recollelas no seu interior e traelas de volta á Terra. Segundo os primeiros sinais da telemetría, parece que todo foi segundo o previsto, e a sonda despegouse de novo do asteroide para continuar a súa misión.

O proceso foi toda unha aventura. Despois de saír en decembro de 2014 dunha base xaponesa, Hayabusa2 viaxou durante tres anos e medio, acompasándose pouco a pouco coa traxectoria de Ryugu. Entre xuño e setembro de 2018 foi achegándose, e finalmente o día 22 de setembro conseguiu tomar pé no asteroide. Conseguiron que dous rovers puideran pousarse nun obxecto espacial deste tipo.

Publicidade

Porén, houbo cambios e dificultades respecto ao plan orixinal. En principio esperábase que Hayabusa2 tomara pé no asteroide en outubro do ano pasado, pero os investigadores da JAXA atoparon un problema. A superficie era moito máis agreste do que agardaban, sen apenas zonas chas que fosen seguras para o correcto funcionamento da nave.

Durante estes meses, a axencia xaponesa estivo estudando diferentes opcións para atopar o lugar máis acaído no que pousar a Hayabusa2. E antes de acometer a operación de disparar o proxectil, os investigadores fixeron probas na Terra para ver como podería comportarse nunha superficie semellante á de Ryugu.

Publicidade

Non será a única detonación que Hayabusa2 provoque no asteroide. Entre abril e maio agárdase que unha carga explosiva máis potente provoque un cráter en Ryugu, e del tomaranse mostras de rocha que non estiveran expostas á erosión espacial.

E unha vez cumprido o obxectivo, a finais deste ano, espérase que a sonda poña rumbo cara a Terra. Unha vez cerca do planeta, a finais de 2020, liberará a cápsula coas mostras tomadas estas semanas, cuxa caída está prevista en Australia. A Hayagusa2 seguirá desprazándose polo espazo, xa que conservará enerxía suficiente para achegarse a outros corpos susceptibles de seren explorados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

A contaminación atmosférica podería estar detrás do aumento das crises de xaqueca

Un estudo internacional sinala que o número de visitas ao hospital de persoas con síntomas aumenta durante os días nos que hai maiores niveis de polución

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar