Tres tituladas en Psicoloxía na USC, entre as 10 primeiras do PIR

Diana Cabañas Rivera, Sandra Golpe Ferreiro e Alba Burgos Mirón sitúan á facultade compostelá como unha das referencias estatais nas probas

A Universidade de Santiago de Compostela segue dando conta dos bos resultados dos seus egresados nos exames de acceso á Formación Sanitaria Especializada. Despois do nº1 do MIR, José Manuel Busto Leis, e os dous titulados en Farmacia entre os 10 primeiros do FIR, a USC tivo tamén uns moi bos resultados nas probas de Psicólogo/a Interno/a Residente. Diana Cabañas Rivera, graduada en Psicoloxía e Mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola USC, que quedou en 6ª posición; Sandra Golpe Ferreiro, licenciada en Psicoloxía, na 8ª; e Alba Burgos Mirón, 10ª na lista, mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria.

Uns resultados que sitúan de novo á Facultade compostelá á cabeza dos centros universitarios desta disciplina en España. Tamén destaca deste xeito a de Farmacia, con Manuel Busto Iglesias, de Cambados (4º) e Alejandro Martínez Pradeda, de Poio, (8º) foron os dous egresados da Facultade de Farmacia

Publicidade

Ás probas PIR presentáronse arredor de 3.000 persoas procedentes de preto de 40 facultades da disciplina que existen en España.

O galego José Manuel Busto, da USC, número 1 do MIR

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo revela como a Guerra Civil e o franquismo afectan 90 anos despois os familiares das vítimas

A investigación interdisciplinar identificou diferentes patróns psicolóxicos en función de se puideron recuperarse ou non os restos mortais da vítima

A recuperación de rexistros sonoros de 1910 saca á luz un estudo pioneiro en 11 linguas (incluída a galega)

A Biblioteca de Verín rescata do esquecemento a investigación do psicólogo, sociólogo e escritor Eloy Luis André na que estuda as curvas melódicas da fala

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

Ler é un pasatempo… ou moito máis?

A lectura destaca por activar procesos cognitivos específicos que, especialmente cando o cerebro se está desenvolvendo, poden marcar diferenzas importantes na idade adulta