O galego José Manuel Busto, da USC, número 1 do MIR

O egresado da Facultade de Medicina da USC José Manuel Busto Leis, orixinario de Barro (Pontevedra), obtivo o número 1 do exame MIR (Médico Interno Residente), segundo adianta o portal Redacción Médica, que obtivo acceso aos datos provisionais. O mozo acertou 201 respostas e tivo 24 erros, o que suma unha puntuación de 93,1034. Cun baremo de 3,3654, a puntuación total obtida foi de 101,9231.

Os resultados son provisionais ata o vindeiro 21 de marzo, xa que agora se abre o período de reclamacións para os candidatos ao MIR. O 22 de abril celebrarase o acto de asignación das prazas.

Publicidade

Dous estudantes da USC nos 10 primeiros do FIR

A USC tamén tivo a alumnos entre os 10 primeiros nas probas do FIR, que dan acceso á formación como farmacéuticos internos residentes. Manuel Busto Iglesias, de Cambados (4º) e Alejandro Martínez Pradeda, de Poio, (8º) foron os dous egresados da Facultade de Farmacia compostelá no ‘top 10’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos