Un veciño de Betanzos atopou traballando no tractor unha peza de ouro, pero ao principio non lle deu importancia. Cando el e máis a súa familia puideron lavala con auga e quitarlle a terra, déronse de conta de que estaban ante un achado arqueolóxico e puxéronse en contacto coa Xunta de Galicia. É un torques de ouro, un colar ríxido e redondo da Idade do Ferro, segundo apuntan algúns expertos. Patrimonio Cultural será a institución encargada do seu estudo, pero, ata obter os resultados, non poderá revelar información sobre esta xoia, nin tampouco confirmar se seguirá realizando investigacións na zona. De momento, o torques atópase na caixa forte do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castillo de San Antón, na Coruña, e descoñécese se nalgún momento estará exposto ao público.
O torques atópase en bo estado e pesa sobre 394 gramos, segundo informa a nova publicada na Voz de Galicia este mércores. Está composto por dous pomos labrados con filigrana. Hai moitas representacións históricas onde os guerreiros se adornan con esta xoia distintiva, pero existen diverxencias sobre quen as usaba. Algúns expertos na materia cren que antes de ser empregada por homes era exclusivamente un ornamento de mulleres. O arqueólogo Alfredo González Ruibal, máis coñecido polo seu usuario de Twitter ‘Guerra en la Universidad’, explica que pertence á Idade do Ferro e que Galicia é “unha rexión coa maior concentración de orfebrería prehistórica da Península Ibérica”.
Tamén por casualidade, atopouse en 1945 o Torques de Burela, o máis grande de Galicia, que pesa 1812 gramos. Foi un agricultor que traballaba en Chao de Castro o que deu con el, aínda que nun primeiro momento identificouno como a asa dun caldeiro. Hai moitas interpretacións arredor destas pezas, dende que eran levadas polas persoas pertencentes a unha tribo ou que poseían poderes políticos, militares, relixiosos ou un status social elevado. Tamén hai historiadores que apuntan que podían valer para facer intercambios, xa que algúns torques teñen un peso similar ás moedas.















pobre Maria, es ben parva
pues existen traductores online por si el idioma es problema. se está perdiendo una noticia muy curiosa.
No he entendido absolutamente nada.