Venres 19 Abril 2024

Mila Méndez gaña o Premio de Xornalismo Científico da Academia Galega de Ciencias

O accésit do certame foi para un traballo sobre o poder curativo da música do periodista José Luís Jiménez

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), falla a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal). O premio entregarase nun acto que se celebrará o vindeiro 21 de xuño, ás 19:00 horas no Pazo de San Roque de Santiago.

O xurado acordou conceder o premio á reportaxe La revolución silenciosa de los informáticos da xornalista Mila Méndez Otero, publicada o 23 de outubro de 2022 no diario La Voz de Galicia. O xurado destaca que “aborda en profundidade e dun xeito obxectivo a concentración de empresas do sector TIC na Coruña e a súa área de influencia, empregando unha linguaxe clara e directa, que atrapa o interese do lector desde o comezo e manteno ao longo das dúas páxinas, empregando un estilo ameno e fluído”. A galardoada recibirá unha dotación de 3.000 euros. En 2017 gañou este mesmo galardón o xornalista de GCiencia, Manuel Rey, pola reportaxe A ataxia  SCA36, o mal sen cura da Costa da Morte.

Publicidade

Na actualidade Mila Méndez (Sanxenxo, 1984) traballa como xornalista en La Voz de Galicia na Coruña, ao que se incorporou logo de formar parte do equipo de V Televisión. Ao longo dos seu 15 de traxectoria neste grupo de comunicación, transitou do audiovisual ao xornalismo escrito, tanto en papel como na súa versión dixital.  A galardoada indica que “a ciencia achéganos moitas cousas, tamén un medio de vida, e iso cómpre subliñalo, para que o cidadán comprenda toda a súa riqueza”.

Tamén se outorgou un accésit ao segundo traballo mellor valorado, a reportaxe titulada Explorar el poder curativo de la música de José Luís Jiménez Díaz, publicada no diario ABC o 17 de setembro de 2022. Valorouse que se trata dun “traballo xornalístico que dá a coñecer un proxecto de investigación realizado en Galicia, a través dun enfoque curioso -a toma de mostras á entrada e saída dun concerto-“. Aborda o proxecto Sensogenomic, desenvolto por un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), que pretende medir a resposta xenética do ser humano aos estímulos musicais co fin de estudar o potencial terapéutico da música. O galardoado recibirá unha dotación de 1.000 euros.

O papel dos medios de comunicación na difusión da ciencia e a tecnoloxía

A RAGC considera que “a ciencia e a tecnoloxía teñen actualmente un papel determinante e indiscutible no desenvolvemento económico e o benestar social dun país, polo que comunicar estes achados e as súas aplicacións á sociedade galega é unha prioridade”. Nesta liña, a Academia manifesta que os medios de comunicación poden contribuír “dun xeito decisivo” a acadar este obxectivo. 

O xurado desta edición estivo composto pola secretaria da RAGC, a académica Pilar Bermejo, que actuou como presidenta; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; Luís Manuel Villamor, doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago; a directora da Área de Centros de Gain, María José Mariño; e a técnico da Área de Programas de Gain, Silvia López.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos