Volve a Galicia o festival de divulgación científica nos bares

É un evento gratuíto e para todos os públicos que terá lugar os próximos días 22, 23 e 24 de maio na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo

Nos próximos días o persoal investigador máis punteiro das universidades galegas reunirase nas cidades para falar dos últimos avances científicos dunha maneira distendida en laboratorios improvisados, non será nas aulas, nin nos teatros: será nos bares. A intención do encontro Pint of Science é achegar a ciencia máis actual á clientela habitual, pero tamén a todas aquelas persoas interesadas en ciencia, cunha linguaxe coloquial e informal nun evento aberto e gratuíto para todo o público. É a oitava edición en España dun maratón que comeza o próximo luns 22 e remata o mércores 24 de maio. Estarase celebrando de maneira simultánea en 57 localidades de España e en 26 países do mundo.

A Coruña, Santiago, Lugo e Vigo son as cidades que este ano acollerán o maratón de ciencia nos bares. Os relatorios do certame xiran en torno a seis áreas temáticas diferenciadas entre si que inclúen varias ramas da ciencia: Mente maravillosa, Dos átomos ás galaxias, O noso corpo, Planeta Terra, Tech me out! e A nosa sociedade. A Coruña acollerá as charlas “Células artificiais á carta, creando a vida no laboratorio”, impartida por Roberto Brea; “Por que aínda non debemos temer aos robots”, dirixida pola investigadora do CITIC, Verónica Bolón; “A viaxe submarina dunha célula de cancro”, por Alicia L. Bruzos, da Universidade de Londres; e “A miña casa está feita de plástico”, por Manuel Herrador. Outras temáticas de actualidade correrán a cargo de Rosa María Fernández, coa mesa “Existe xene da transexualidade?” ou Socorro Castro da CICA, que falará sobre o funcionamento dos coches de hidróxeno.

Publicidade

Cartel do Pint of Science de Santiago de Compostela. Fonte: Pint of Science

Os organizadores do Pint of Science de Santiago de Compostela auguran unha audiencia de entre 100 e 150 persoas, e salientan que é un punto de encontro importante para investigadores doutorais e posdoutorais. Entre as súas múltiples charlas, atópanse “Proteínas e piña colada: vida máis aló da auga”, por Adrián Sánchez Fernández do CiQUS; “Humano ou replicante? Como pillar a Chat GPT”, por Aldán Creo Mariño, do CiTiUS; “Mirando o Universo con lentes fluorescentes”, por Borja Aparicio Gil, do CiQUS; ou “A vida é sono. Por que durmimos?”, impartida por Olga Barca Mayo.

Lugo

En Lugo o evento está divido en tres grandes temas nos que participará a Universidade de Santiago de Compostela: Científicas contra as fake news, con mesas como “Alfabetización científica contra a desinformación”, impartida por Paloma Blanco Anaya; “A ciencia das letras: as científicas na literatura”, por Montse Pena Presas ou “Avatares, mutantes e amores”, por Nerea Gandoy Fieiras; en Natureza e Saúde, Rosa Romer Franco falará sobre “Plantas que curan, plantas que matan”; e en Da Terra á Lúa en boa compañía, Ángela González Martínez explicará a súa investigación sobre hiperactividade e déficit de atención en cans.

Publicidade

Vigo

Na xuntanza de Vigo participará o Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX), o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Telecomunicación (atlanTTIC) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM) da Universidade de Vigo (UVigo). Os encontros serán dirixidos polos relatores José Lorenzo Alonso Gómez, Sara Núñez Sánchez, Rebeca P. Díaz Redondo, Felipe Gómez Cuba, Daniel Rey García e Paloma Morán Martínez. “Chocolate, wifi e buratos negros” e “A viaxe do salmón e como podemos protexelo” son dúas das moitas conferencias que se celebrarán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Come san, come sostible’: o xogo da USC para aprender a coidar a saúde e o medio ambiente

Un equipo de Santiago deseña un novo recurso didáctico para alumnado de Primaria baseándose na alimentación e na pegada de carbono

Galicia é a cuarta comunidade autónoma con maior nivel de comprensión lectora

Un estudo contempla o uso moderado de internet como un factor favorable na alfabetización da mocidade
00:00:16

A maioría dos ‘pellets’ xa alcanzaron a costa seis meses despois do accidente do ‘Toconao’

Un equipo de Canarias crea unha simulación da marea de bólas plásticas, que tamén chegaron a outras zonas do norte de España e ao oeste de Francia

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade