Unha investigación en Lugo amosa que o esterco pode competir cos abonos minerais

O estudo e a comparación do valor agronómico de distintos materiais orgánicos procedentes do sector gandeiro e agroindustrial (xurro de vacún, esterco de polo, lodo de industria láctea), fronte a fertilización convencional con abonos minerais nos dous aproveitamentos forraxeiros máis importantes no NW español, é o obxecto da tese de doutoramento ‘Valorización agronómica de residuos orgánicos na produción de cultivos forraxeiros’, que vén de presentar a enxeñeira agrónoma María José Bande Castro na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. Os resultados obtidos amosan que os distintos materiais orgánicos empregados son competitivos fronte ao abonado convencional e aportan os nutrientes precisos para o desenvolvemento rendible dos cultivos.

Esta tese de doutoramento, dirixida por Elvira López Mosquera e María Jesús Sainz Osés, profesoras do Departamento de Produción Vexetal da USC na EPS, é o resultado das pescudas e estudos desenvolvidos durante catro anos por María José Bande Castro nunha pradeira e outros tres anos nunha rotación de raigrás italiano-millo forraxeiro.

Publicidade

A aplicación anual de 4500 kg ha -1 de esterco de polo deshidratado ou unha dose superior nun cultivo de pradeira ou nunha rotación raigrás italiano-millo forraxeiro provoca ademais un efecto encalante claro no solo, o que se reflicte sobre todo na redución da porcentaxe de saturación de aluminio, conclúe a investigación, na que tamén se proba que a aplicación nunha pradeira de xurro de vacún, lodo de industria láctea e esterco deshidratado de polo durante un período de catro anos, non modificou o contido en metais do solo e mantén a súa concentración por debaixo dos límites máximos permitidos pola lexislación vixente.

A profesora do Departamento de Produción Vexetal da USC  Rosa Mosquera Losada presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por María José Bande Castro e que mereceu a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.

Publicidade

Socorro Seoane Labandeira, profesora do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC; Antonia García Ciudad, do CSIC Salamanca, María José Poblaciones Suárez-Bárcena, da Universidade de Estremadura, e María Isabel Pomar García, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, completan a relación de membros que conformaron o tribunal desta tese.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior