O Museo de Historia Natural organiza cinco obradoiros para nenos de 6 a 12 anos

O Museo de Historia Natural da USC organiza cinco obradoiros dirixidos a nenos de entre 6 e 12 anos que se celebrarán os meses de marzo abril e maio. En todos os casos ofértanse un máximo de 30 prazas, sendo necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data de celebración do obradoiro.

Que son os xenes’ abrirá este calendario o sábado 5 de marzo coa intención de expoñer unhas nocións básicas de xenética, qué son o ADN ou os xenes, onde se atopan e a súa importancia. Para isto, realizaranse experimentos de laboratorio e manualidades ao redor da temática.

Publicidade

Para abril están previstas dúas propostas, sobre a conmemoración en 2016 do Ano Internacional dos Legumes (día 2 de abril) a través dun taller culinario con estes produtos para valorar a súa importancia, variedade, orixe e valor como alimento; e sobre ‘A danza da natureza’ que realizará un curso de introdución na danza africana con música en vivo.

A vida nos ríos abrirá a quenda de actividades de maio, cun achegamento ao río Corgo, a carón do propio Museo, para facer un estudo da calidade da súa auga e da súa biodiversidade e realizar manualidades sobre o tema. O abano de actividades rematará cunha ruta interpretativa dos parques de Santiago de Compostela o sábado 21 dirixido tanto a nenos/as como a adultos. Formulouse unha ruta a modo de paseo que partirá do Museo de Historia Natural para visitar os parques de Vista Alegre e Galeras, pasando pola Finca do Espiño, o paseo do Sarela e concluíndo no Alameda. Polo camiño, realizaranse xogos para animar os máis pequenos.

Publicidade

A reserva das prazas pode realizarse na web do museo, de xeito presencial nas instalacións do Parque de Vista Alegre ou no teléfono 881.816.350.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras