Sábado 13 Xullo 2024

Unha tese da USC explora novos usos e aplicacións das resinas epoxi

A tese de doutoramento presentada pola enxeñeira Eva Carolina Vázquez Barreiro na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC baixo o título ‘Dopaxe iónica de resinas epoxi mediante axentes entrecruzantes derivados de macrociclos’ proba a posibilidade de modificar e engadir novas características a materiais convencionais como este tipo de polímeros, a través do emprego de axentes entrecruzantes específicos.

Na súa investigación de doutoramento, dirixida polos profesores Francisco Fraga López e José Vázquez Tato, Vázquez Barreiro empregou axentes portadores de macrociclos (derivados da porfirina, éteres corona e tretraazociclodecano) que complexan fortemente diversos ións metálicos, o que permite modificar a capacidade dieléctrica das resinas, ademais das súas propiedades térmicas e mecánicas.

Publicidade

As expectativas das súas futuras aplicacións industriais son amplas

As resinas modificadas deste xeito con hemina (portadora dun ión ferro) e porfirina de zinc posúen a capacidade para orientarse en presenza dun campo magnético forte, en ausencia de rozamento como, por exemplo, sobre a superficie da auga, explica a autora desta tese. Eva Carolina Vázquez Barreiro salienta asemade, debido á importancia de polímeros como as resinas epoxi en diversos eidos industriais, as expectativas respecto das súas futuras aplicacións industriais son amplas.

O catedrático ‘ad honorem’ da USC José Miñones Trillo presidiu o tribunal encargado de cualificar a tese de doutoramento presentada por Eva Carolina Vázquez Barreiro. Senén Paz, de Gairesa; Marta Fernández, do Centro Superior de Investigacións Científicas; Luciano Galantini, da Universidade de Roma, e a profesora da USC María Isabel Sández Macho completaron a composición de tribunal, que outorgou a máxima cualificación académica á tese ‘Dopaxe iónica de resinas epoxi mediante axentes entrecruzantes derivados de macrociclos’.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC demostra que se poden liberar fármacos en polímeros usando luz

A investigación abre a porta a controlar de maneira gradual a cantidade de substancia liberada, o que sería clave para a entrega de medicamentos

Un estudo en ‘Nature’ atopa en lagos galegos ata catro partículas de microplásticos por metro cúbico

As masas de augas de Meirama e Cecebre acumulan maiores niveis de polímeros que algúns lagos de América e África

Investigadores da USC afondan nos polímeros helicoidais

A súa aproximación, publicada en Nature, permite determinar en disolución a maneira na que afectará as súas potenciais aplicacións

Na procura dunha galleta doce e saudable de proteína mariña

Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Vigo participa na mellora do proceso de elaboración e caracterización da fórmula patentada polo gastrónomo Alfonso Díaz