Combustible para motores diésel a partir do aceite de fritura

O aceite das frituras pode convertese en biodiésel, un biocombustible que pode substituír ós derivados do petróleo e que contamina moito menos. Sen embargo, para poder utilizalo como combustible de vehículos diésel, debe ser un fluído puro, tal e como establece a normativa europea. Científicos da Universidade Complutense de Madrid pescudaron cando se consegue esta pureza: cando a acidez do aceite de fritura non supera o 2%.

“A calidade do aceite inflúe moito no desenvolvemento do biodiésel”, explica Jose Aracil, catedrático de Enxeñería Química da Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Publicidade

Nun estudo publicado en revístaa Fuel, Aracil e o seu equipo determinaron o nivel de acidez a partir do cal, o biocombustible obtido pódese utilizar en vehículos diésel. “Con niveis de acidez por encima do 2% non se pode conseguir un biodiésel que cumpra as especificacións europeas”, explica Aracil.

 “Os aceites de peor calidade empréganse para grandes motores, como os dos barcos”

Ademais, os investigadores determinaron a influencia da acidez dos aceites usados no contido en monoglicérido, diglicérido e triglicérido dos biodiéseles obtidos e comparáronos cos recolleitos na normativa europea EN 14214, onde se regulan estes aspectos.

Publicidade

Os científicos tiveron en conta o índice de oxidación dos fluídos, é dicir, as veces que se utilizaron previamente. Canto máis se han usado, peor é a súa calidade, e iso repercute na pureza do biodiésel.

O máximo nivel de pureza do biofuel conseguírono con temperaturas baixas (de 30 graos) e un 0,8% de concentración do catalizador -sustancia que aumenta a velocidade dunha reacción química-. Todos os aceites de fritura foron proporcionados por un xestor de residuos.

Grazas a estes resultados, para saber se un aceite é apto para xerar biodiésel, bastará con medir o seu grao de acidez, segundo o experto.

O biocombustible, producido nunha planta piloto instalada no laboratorio Deseño, Optimación e Escalado de Procesos Industriais da UCM, podería utilizarse como combustible para vehículos con motor diésel ao cumprir os parámetros que establece a norma comunitaria.

“Os de peor calidade empréganse para grandes motores, como os do transporte marítimo”, destaca o catedrático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da pel de pataca ao biocombustible: así aposta unha investigación galega polas enerxías renovables

Un estudo da Universidade de Vigo analiza o potencial do residuo agrícola para producir compostos de alto valor, como ácido succínico ou etanol

Unha científica galega constata que se pode producir biodiésel con microalgas

Leticia Pérez expón na súa tese, presentada na UVigo, o elevado potencial de dúas especies que se atopan nas rías galegas

Biomasa, as vantaxes da enerxía natural

A Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra investiga biocombustibles ecolóxicos

O rendemento enerxético do chopo

Un proxecto de investigación da USC e Forestais de Pontevedra estuda o potencial desta especie como biocombustible