Unha cátedra recupera a memoria do pan en Galicia

A Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra, que botou a andar o pasado verán a iniciativa do grupo Panadería Dacunha e a USC, mantén activas diversas liñas de investigación encamiñadas á elaboración dun catálogo ou clasificación das diferentes variedades de pan de Galicia, así como á recuperación dos cultivos autóctonos e da súa memoria a través do estudo e dos procesos tradicionais empregados para a elaboración deste produto alimenticio.

A directora da Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra da USC, Ángeles Romero, cualificou de “moi ilusionante” o traballo xa desenvolvido pola primeira cátedra institucional do Campus Terra da USC durante o seu primeiro ano de vida, unha efeméride que lembrarán o vindeiro catro de xullo no auditorio da Casa do Saber cun foro aberto de debate e divulgación, no que distintos relatores afondarán sobre as distintas inquedanzas e problemáticas ás que busca dar respostas esta cátedra universitaria de marcado carácter multidisciplinar.

Publicidade

A selección de compoñentes e a súa conseguinte formación para a posta en marcha do primeiro panel profesional de cata de pan foi unha das primeiras accións desenvolvidas pola Cátedra do Pan e do Cereal da USC, segundo lembrou Romero, para logo engadir que, despois de distintas sesións de traballo, este panel de catadores xa ten completada a primeira ficha de cata de pan, un proceso ou documento que agroma, mide a avalía diferentes parámetros e que resultará de máxima utilidade para proceder á caracterización organoléptica de todos os pans de Galicia, unha laboriosa tarefa na que este panel profesional de comezará a traballar despois do verán.

Ángeles Romero salientou tamén a progresiva incorporación de investigadores á cátedra, á que xa formalizaron a súa adhesión os tamén profesores e investigadores da USC Santiago Pereira Lorenzo e Benigno Ruiz. A estes dous nomes cómpre sumar tamén os doutros tres novos investigadores, tales como o son o enxeñeiro agrónomo Fernando Almedia, o graduado en Nutrición Humana e Dietética Ricardo Estévez e o estudante de grao en Nutrición Humana e Dietética na Facultade de Ciencias de Lugo Jesús Fernández.

Publicidade

Estes tres novos investigadores formados no Campus Terra da USC están a desenvolver diversas liñas de traballo relacionadas co estudo das variedades autóctonas de cereal (trigo), a recuperación da memoria do pan en Galicia e dos diferentes procesos de elaboración e procesado e tamén sobre a opinión da poboación de Galicia sobre o consumo de pan e doutros alimentos.

Fernando Almeida, Ricardo Estévez e Jesús Fernández serán precisamente tres dos relatores que participarán o catro de xullo no foro ‘Cáles son as respostas ás cuestións propostas desde a Cátedra do Pan e do Ceral?’, unha xornada organizada por Ángeles Romero e Santiago Pereira, que se desenvolverá a partir das 16.00 horas na Casa do Saber de Lugo e que contará coa presenza do presidente do grupo Dacunha e promotor desta cátedra, Manuel Dacunha Pereira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias