TodoCosmos achega a astronomía a nenos e maiores de 15 concellos

Converter a astronomía nunha cuestión ao alcance de todos os públicos. Así define o seu obxectivo principal o proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos (A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concello-Organismos Públicos e Empresas) que por terceiro ano percorrerá Galicia co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Nesta edición, a iniciativa contará co respaldo dun total de quince concellos de toda Galicia, tres máis que en 2015.

Os principais detalles do proxecto presentáronnos este luns 22 o director da iniciativa e do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo, e o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira, xunto a quen tamén estivo presente unha representación dos concellos participantes. No desenvolvemento do programa de actividades colaborará un ano máis Óptica Val.

Publicidade

Esta é a terceira edición do programa, que incorpora tres novos concellos

Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces, son os concellos participantes este ano na proposta do Observatorio da USC, aos que sumarán actividades puntuais noutras localidades como a sesión de observación celebrada recentemente en Melide. En todas estas localizacións haberá unha programación continua, condicionada polas condicións climatolóxicas, con sesións de observacións, visitas, charlas e seminarios para todos os públicos e lugares.

A experiencia acumulada nas dúas anteriores edicións, propiciou o acceso de público de todas as idades á astronomía a través dun abano de actividades coordinada polo Observatorio de Astronomía Ramón María Aller da USC. En 2015, ademais de visitas de centros escolares ás instalacións astronómicas da USC, programáronse sesións de observación, visitas guiadas nocturnas, sesións de observación de fenómenos concretos, obradoiros de telescopios ou conferencia de iniciación á astronomía.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos

Astronomía de multimensaxeiro: o Universo contado en luz, ondas e partículas

O IGFAE participa en grandes colaboracións internacionais para combinar múltiples sinais cósmicos co obxectivo de comprender mellor os fenómenos máis extremos e invisibles do cosmos