Créditos do vídeo: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI, Stuart RobbinsExplicación: agora hai a evidencia científica, con algunha licenza poética, de que o
inferno se conxelou. Para comezar, a
mitoloxía grega afirma que
Caronte é o barqueiro do inframundo. Despois, as
análises recentes dos datos tomados pola
nave espacial automática New Horizons que pasou por
Caronte (a denominación da lúa máis grande de
Plutón ) a fume de carozo en xullo, indica agora que a causa do enorme canón que atravesa a
lúa de 1.200 km non era máis ca un mar interno conxelado. E como a
auga expándese cando se conxela, a codia máis exterior, xa endurecida, rachou. Para fotografar mellor a greta, creouse dixitalmente unha viaxe imaxinaria sobre Caronte a partir de imaxes recompiladas. O
vídeo publicado comeza amosando o
Depósito Polar Escuro (alcumado
Mordor) preto do polo norte de Caronte e despois voa sobre o
canón de tamaño anano-planetario. Para rematar, o vídeo amosa unha protuberancia moi discutida chamada
Moated Mountain. Comprender a historia de
Plutón e Caronte está axudando á humanidade a entender mellor tanto os lugares máis amigables como os
máis inhóspitos do
Sistema Solar primitivo a partires do que se formou a
Terra e a
vida acabou por emerxer dalgún xeito.