Lugo acolle a unha embaixada da universidade xaponesa de Kanazawa

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, ofreceu este martes unha recepción institucional a dous representantes da universidade nipona de Kanazawa, unha das dúas institucións académicas de Xapón que están a participar nun proxecto Vía Láctea coordinado pola USC e que conta con financiamento da Unión Europea.

A visita ao campus de Lugo do profesor Seiichi Nakamura e da responsable do programa de mobilidade saínte na oficina internacional da Universidade de Kanazawa, Yuri Kutswada, encádrase nun proxecto Vía Láctea que promove accións de mobilidade de alumnado e profesorado ao longo de tres cursos académicos (2014-2017) para un total de 40 estudantes de grao e 20 profesores no ámbito da cultura e das Humanidades e das universidades de Minho (Portugal), kanazawa e Aichi Prefectural (Xapón) e a USC.

Publicidade

40 estudantes de grao e 20 profesores participan no proxecto Vía Láctea

A visita ao campus de Lugo do doutor en arqueoloxía da universidade de Kanazawa e membro do Centro de Estudos de Recursos Culturais do Instituto de Ciencias Sociais da referida universidade, Seiichi Nakamura, quen ofreceu dous relatorios na Facultade de Humanidades sobre a historia da civilización maya, centrados no estudo de Tikal e Copan como elementos representativos das dinastías clásicas mayas, e de Yuri Kutswada, forma parte dun itinerario de visitas que os levará esta semana á Universidade de Minho e aos campus da USC en Compostela.

Durante a súa estadía en Lugo, Seiichi Nakamura e Yuri Kutswada tiveron a ocasión de coincidir cos 8 estudantes xaponeses (4 alumnos da Universidade de Kanazawa e 4 estudantes de grao de Aichi Prefectual, que están a completar un programa de intercambio de dez semanas de duración na Facultade de Humanidades de Lugo. Os 8 alumnos da USC, entre os que se atopa unha estudante do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural no campus de Lugo, e da Universidade de Minho que participarán proximamente neste programa de mobilidade, completarán unha estadía en Xapón entre abril e agosto de 2016.

Publicidade

Os responsables académicos xaponeses da Universidade de kanazawa estiveron acompañados durante a recepción institucional ofrecida polo vicerreitor Javier Bueno da profesora da USC na Facultade de Humanidades JoDee Anderson e de Anne Forryan, do Servizo de Relacións Exteriores da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX