Santiago prepara un encontro científico sobre microcontaminantes na auga

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá o encontro no mes de xuño; e o prazo de envío de traballos está aberto ata o 1 de marzo

No marco da rede Novedar que coordina o grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da USC do profesor Juan M. Lema, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá este mes de xuño o simposio ‘Presenza e eliminación de microcontaminantes en auga’. O prazo de envío de traballos remata o vindeiro 1 de marzo.

O encontro organizarase en catro sesións ordinarias, cada unha cunha conferencia convidada e presentacións complementarias, e unha a maiores con comunicacións curtas organizadas de maneira temática. Adicionalmente terá lugar unha mesa redonda de debate na que xa está confirmada a presenza de Juan Lema e Damià Barceló, profesor de investigación e subdirector do IDAEA–CSIC e director científico do ICRA.

Publicidade

Na sesión sobre a presenza de microcontaminantes en augas naturais e minerais o relator será Amadeo Fernández-Alba, catedrático de Química Analítica na Universidade de Almería e director do Laboratorio Europeo de Referencia para Residuos de Praguicidas. Pola súa banda, o catedrático en Enxeñaría Química da USC Francisco Omil será o conferenciante da sesión sobre o comportamento de microcontaminantes en EDAR. Na xornada sobre os tratamentos intervirá como relator Sixto Malato, responsable da Unidade de Tratamentos Solares de Augas da Plataforma Solar de Almería do CIEMAT e co director CIESOL, mentres que Antonio Juan García Fernández, catedrático da Área de Toxicoloxía pola Universidade de Murcia e investigador principal do Grupo de Investigación de Toxicoloxía, fará o propio cos impactos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos