Santiago acolle xornadas sobre xénero, arqueoloxía en patrimonio en Galicia

Os encontros terán lugar os vindeiros días 25 e 26 de setembro no Consello da Cultura Galega e o Museo das Peregrinacións

A Asociación Galega de Arqueoloxía Feminista (ARQFEM) organiza para os vindeiros días 25 e 26 de setembro, en Santiago de Compostela, as xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio En Galicia, que teñen como obxectivo fundamental reunir a diferentes especialistas no tema do patrimonio, dende os tódolos eidos da ciencia arqueolóxica para tratar a situación das mulleres nestes campos, os problemas aos que se enfrontan e as perspectivas de futuro. As sesións celebraranse no Consello da Cultura Galega e o Museo das Peregrinacións da cidade.

Tal e como expoñen desde a organización, “os movementos sociais dos últimos anos están a mudar as correntes de pensamento nas ciencias. Este é o caso dos estudos de xénero, que xa se comezan a aplicar ás diferentes disciplinas”, e a arqueoloxía non é unha excepción, polo que, segundo sinalan, cómpre “entender visualizar e difundir o pasado e o presente dende un punto de vista inclusivo”.

Publicidade

Así xorden estas xornadas, patrocinadas pola rede Consiliencia, nas que máis dunha ducia de profesionais farán unha pequena introdución ao seu traballo, seguida dunha táboa redonda na que debaterán sobre a situación actual da muller nos seus respectivos ámbitos de traballo e sobre as posibles solucións e vías de acción e reivindicación. Pódense consultar máis detalles para a inscrición baixo estas liñas, na páxina de Facebook de ARQFEM.

A actividade conta coa colaboración do Consello Galego de Museos e de varios grupos de investigación das universidades galegas: Síncrisis: Investigación en Formas Culturais; EcoPast; e o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT).

Publicidade

Programa das xornadas

25 de setembro (Consello da Cultura Galega)

10.00: Inauguración a cargo de Susana Reboreda Morillo.
10.30: De-xenerando a investigación arqueolóxica:
Táboa redonda, con Rebeca Blanco Rotea (Mulleres en pé de guerra) e Olalla López Costas (A paleodieta!).
11.30: Pausa.
12.00: Rebeca Tallón Armada (O xénero polo chan) e Víctor Rodríguez Muñiz (No teu mosteiro ou no meu?).
13.00: Debate.
14.00: Comida.
16.30: Usos e discursos de xénero na difusión arqueolóxica.
Táboa redonda, con Beatriz Comendador Rey (Cavewoman: da caverna a taberna), e Esperanza Gigirey Liste e Verónica del Río (Museoloxía dende as marxes: A muller e as peregrinacións).
17.30: Pausa.
18.00: Carola Casal Chico (Nin esquecidas nin agochadas: Sorrindo ao patrimonio), e Benito Vilas Estévez (Vivamos como castrexas!).
19.00: Debate.

26 de setembro (Museo das Peregrinacións)

10.00: A arqueoloxía de libre mercado.
Táboa redonda: Vanesa Trevín Pita (Do ordenador ao sacho: muller, arqueoloxía e burocracia), Xurxo Ayán Vila (Socializando a profesión), e Nieves Amado Rolán (Control: novas sensacións a pé de obra).
11.30: Pausa.
12.00: Francisco Alonso Toucido (Mocidade Arqueolóxica), e Elena Taboada Durán (Arboreando en lila).
13.00: Debate.
14.00: Clausura: Francisca Alves Cardoso (You are the path you walk!).

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Onde están as mulleres? Tan só 26 investigadoras recibiron un Nobel de Ciencia

Menos dun 4% do total dos premios de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas na historia do prestixioso galardón

Os segredos que agocha o xacemento de Armea: 15 anos de escavacións e unha nova casa castrexa

A escola de verán cumpre unha década e media cunha intervención que confirma a presenza de restos arqueolóxicos no Alto dos Fornos

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos