Que montes ves dende a túa casa? Unha aplicación cóntacho cunha panorámica

O simulador online permite obter os nomes e ubicación das montañas do horizonte dende calquera punto do planeta

Ás veces pode resultar difícil identificar cales son as montañas que están vendo os teus ollos, especialmente as que están máis lonxe. Os mapas online poden facilitar esta tarefa, con todo, unha nova ferramenta virtual permite coñecer con exactitude os montes nunha visión 360. Chámase udeuschle.de e a través dun mapa podes elixir unha ubicación dende a que queiras descubrir o arredor, simplemente tes que mover o rato e escoller a amplitude da panorámica que desexas obter. O deseño aporta especificacións do campo de visión, así como dos puntos cardinais e das altitudes.

A panorámica aporta unha visión de ata 90 quilómetros. Por exemplo, dende Serra do Cando a aplicación proporciona ata sesenta nomes das montañas que se ven no horizonte. No programa podes realizar múltiples escollas: dende a latitude e a lonxitude, a altura da cámara dende a que se realiza a imaxe, a dirección da vista, a inclinación da mirada e incluso a opción “Atopa o pico automaticamente”. Despois de marcar os parámetros pertinentes, a aplicación envía ao teu correo o deseño.

Publicidade

Panorámica dende Monte Faro, en Lugo.

Este simulador é unha ferramenta moi utilizada polos fotógrafos. O seu creador é Ulrich Deuschle, que é un bioquímico aficionado ás montañas e á informática. En primeira instancia, o programa realiza unha previsualización da panorámica. Poderás modificar o campo de visión e os parámetros se é necesario. Unha vez obtido o deseño, podes acudir en persoa á ubicación que introduciches para conseguir a información do arredor. Desta maneira, non haberá lugar a equivocacións á hora de recoñecer as montañas ata onde chega a túa vista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico