Lugo acolle un debate científico baixo o lema ‘Sabemos o que comemos?’

Os Encontros de Xoves de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego celebra este xoves 21 de abril un novo coloquio na cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, onde, baixo o título Sabemos o que comemos?, se abrirá un debate aberto sobre os alimentos e as dietas que seguimos.

A catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentos da USC Ángeles Romero e o profesor de Economía Agraria na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo Francisco Sineiro serán os encargados de abrir este coloquio con cadansúa intervención introdutoria na que exporán os seus respectivos puntos de vista.

Publicidade

Esta nova sesión do ciclo ‘Encontros de Xoves de Lúa Chea’ é de carácter aberto a todo o público interesado. Todas as persoas asistentes poderán degustar de balde un petisco durante a celebración da sesión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mapa dos sabores na lingua, persoal e intransferible

Lonxe da vella crenza, cada un pode deseñar hoxe o seu propio mapa e só son necesarios azucre, sal ou limón e algunha experiencia vital

Novos fertilizantes e ferramentas intelixentes para mellorar os cultivos

A USC colabora con empresas e entidades de Galicia e País Vasco no proxecto Diagrint para aumentar a rendibilidade na agricultura

Lugo acolle a primeira cuberta reticular do mundo feita con eucalipto

A estrutura, realizada pola Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural da USC, izouse no Campus Terra, cunha I+D cen por cen feita en Galicia

Unha cátedra recupera a memoria do pan en Galicia

A Cátedra do Pan e do Cereal da USC celebra o seu primeiro aniversario o 4 de xullo cun foro aberto en Lugo