Lugo acolle a primeira cuberta reticular do mundo feita con eucalipto

Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (Pemade) do Campus Terra da USC, dirixida polo catedrático Manuel Guaita Fernández, desenvolviu no pasado curso a primeira cuberta reticular do mundo realizada con madeira de eucalipto globulus. Esta estrutura, unha cuberta de tipoloxía singular e única en España, está elaborada con lámina reticulada de eucalipto, e realizouse no marco dunha liña de investigación na que está a traballar Pemade e que contou con financiamento da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do proxecto Campus Terra da USC.

A cuberta abrangue 24 metros de lonxitude por uns 5,80 metros de anchura, o que permite protexer unha superficie en planta de arredor de 140 metros cadrados, segundo explicou o director de Laboratorio de Pemade, Jorge Crespo.

Publicidade

Proceso de construción da cuberta. Foto: USC.
Proceso de construción da cuberta. Foto: USC.

O proceso de deseño e a construción desta estrutura foi resultado de tecnoloxía e I+D 100% de Galicia, xa que se trata dunha obra desenvolvida integramente nas instalacións que a Plataforma de Madeira Estrutural dispón na Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra en colaboración con empresas do sector. Os laboratorios de Pemade foron asemade o escenario no que antes de se desenvolveu previamente o empalme estrutural da madeira laminada, explicou Crespo. Este investigador engadiu que antes de acometer a construción da cuberta definitiva, o persoal de Pemade desenvolveu un prototipo. Esta primeira peza, conservada ao aire libre nunha área axardinada da EPS, serve agora de testemuño para que os investigadores estuden o comportamento da madeira, así como para avaliar os efectos de tratamentos aplicados.

A estrutura resultante, unha cuberta xa izada no lateral dun dos pavillóns da EPS, naceu cuns cometidos funcionais que xa está a prestar. Crespo indicou neste senso que as limitacións das instalacións de Pemade fixeron necesario a habilitación de novos espazos para acubillar material. Nesta conxuntura e no marco da liña de investigación na que xa se estaba a traballar na Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC xurde a idea de construír este tipo de estrutura, coñecida tamén no sector como Gridshell, a xeito de teito de protección das baldas exteriores xa colocadas nun dos frontais do edificio da ampliación da EPS.

Publicidade

Rematada a colaboración das baldas e xa colocada a estrutura, o acondicionamento final deste novo espazo de Pemade completouse coa colocación dun téxtil impermeable sobre a cuberta de madeira e o peche lateral e frontal do novo espazo habilitado como almacén ou para usos varios.

Alén da singularidade que representa esta cuberta, o director de Pemade e responsable da oferta do único Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural do Sistema Universitario Español, Manuel Guaita, sinalou que solucións como a que representa esta cuberta de madeira demostra o potencial de valor engadido e a incidencia que pode ter para o desenvolvemento económico de Galicia  a construción sustentable con produción madeireira propia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega

Un proxecto colaborativo lanzado dende a SGHN reúne datos de máis de 26 autores no 'Atlas da Flora Exótica Invasora' para frear a súa expansión e protexer os ecosistemas