Plantación de árbores e concurso de maquetas para festexar o Día da Terra

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo celebrara este xoves o Día da Terra 2016 cun acto académico que se desenvolverá a partir das 13.00 horas no salón de actos do centro universitario e no marco do que o director da EPS, Tomás Cuesta, presentará o concurso de maquetas de estruturas convocado polo centro e dará a coñecer as bases polas que se rexe este certame.

O equipo de dirección da Escola Politécnica aproveitará a celebración deste acto académico para proceder á entrega de diplomas a enxeñeiros/as titulados o pasado curso na EPS e propostos polo centro universitario para ser distinguidos/as cos Premios Extraordinarios Fin de Carreira do curso 2014-15. Unha vez rematada esta sesión académica organizada co gallo da celebración do Día da Terra, unha comitiva representativa do alumnado do centro procederá á plantación de dúas plantas de alerce africano (Tetraclinis articulata) nos xardíns do centro.

Publicidade

Os actos conmemorativos do Día da Terra na Escola Politécnica Superior rematarán coa degustación duns petiscos financiados polos docentes, investigadores demais persoal do centro universitario lugués na cafetería da EPS.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS