Novos fertilizantes e ferramentas intelixentes para mellorar os cultivos

Investigadores do campus de Lugo traballarán na mellora do rendemento de cultivos extensivos en España a través do emprego de novos fertilizantes e ferramentas de diagnóstico intelixente no marco das actuacións previstas polo grupo Diagrint, unha estrutura de nova creación financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) ao abeiro do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Diagrint está coordinado pola empresa galega Soaga, e nel participan entidades galegas e vascas

O grupo operativo Diagrint, coordinado pola empresa galega Soaga e no que ademais dos grupos de investigación da USC en Agronomía e Calidade de solos, con sede na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, tamén participan a firma vasca Blue Agro S.L., a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), nace co obxectivo de contribuír a mellorar o rendemento de cultivos extensivos en España.

Publicidade

Os socios que se agrupan en Diagrint, un grupo operativo no que participan os investigadores da EPS de Enxeñaría da USC Elvira López Mosquera, Adolfo López Fabal, Miguel Fernández Labrada e Socorro Seoane Labandeira, empregarán para este cometido fertilizantes novos e máis eficientes, ao tempo que prestarán asesoramento ao agricultor a través de ferramentas intelixentes que posibiliten un diagnóstico máis rápido e fiable, a fin de favorecer a redución de custos económicos e os posibles danos ambientais. O traballo realizado ao abeiro deste grupo operativo desenvolverase principalmente na cornixa cantábrica e contempla actuacións en diferentes localizacións de Galicia, Asturias, Castela León, País Vasco e Navarra.

As investigacións realizadas no marco deste grupo operativo orientado á mellora do rendemento de cultivos extensivos en España posibilitará unir e compartir o coñecemento científico co coñecemento empírico que posúen agricultores de distintas zonas de España. Esta colaboración permitirá o deseño de pautas de fertilización baseadas no coñecemento ao tempo que posibilitará probar novas fórmulas encamiñadas a mellorar a nutrición dos cultivos e os seus rendementos sen danar o medio ambiente. Outra das vantaxes deste traballo coordinado entre os diferentes axentes implicados no grupo operativo Diagrint será a obtención de información práctica, en condicións reais e de xeito específico para cada área ou zona de traballo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando os fertilizantes se tornan xeopolítica: leccións da historia para a gobernanza do nitróxeno

A crise do nitróxeno revela os límites dun modelo agrícola dependente dos combustibles fósiles e abre o debate sobre alternativas sostibles

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Robots agricultores e gandeiros armados de intelixencia artificial: así son as granxas do futuro

A tecnoloxía avanzada transforma a produción agropecuaria e mellora a xestión dos recursos para aumentar a eficiencia e sostibilidade

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións