Xoves 2 Maio 2024

Rouban vidros na Praia dos Cristais: “Cando se acaben non se poderán repoñer”

Este lugar formouse pola mala xestión dun vertedoiro próximo e o mar devolveu á terra o lixo en forma de pedras de cores

Hai uns días unha veciña de Laxe difundiu un vídeo dun home recollendo vidros da Praia dos Cristais. O alcalde da localidade, José Luís Pérez, explicou que é habitual que as persoas que a visitan recollan mostras, mais non dunha maneira tan “descarada”. Na praia, unha zona que atrae a moitos turistas, varios carteis avisaban da prohibición de levar os cristais, mais foron arrincados. Cando a Policía Local se achegou ao lugar xa non había ninguén.

Non é unha zona protexida, co cal, non se poden multar ás persoas que recollan estas pequenas “pedras” rechamantes. Os veciños da zona chaman á responsabilidade xa que é un elemento característico do municipio que compón unha fermosa paisaxe cos raios de Sol. A solución que atopa o alcalde é aumentar a vixilancia, máis aínda nesta época cando por mor do bo tempo se achegan máis visitantes. “Pouco máis podemos facer”, conta Pérez.

Publicidade

A Praia dos Cristais formouse porque antigamente existía un vertedoiro moi próximo. A acción humana e o mal uso dos recursos adoitan ser a orixe deste tipo de praias. Naquel momento, todos os cristais foron a parar ao mar e a auga devolveunos á costa en forma de pequenas pedras de colores. Debido á forza do océano, os cristais fóronse erosionando e regresaron á terra cunha imaxe totalmente distinta, creando un curioso espazo que atrae a todo tipo de miradas.

Precisamente por isto non será posible reencher a praia cando se baleire. “Non se pode repor, cando se acaben, acabaranse para sempre”, conta o alcalde. Por iso, apela á colaboración cidadá e á responsabilidade. Descoñece o motivo polo que aquel home puido levarse tantos cristais, cre que pode ser para encher botellas pequenas para vender ou para decoración. Tamén coa acción humana, a Praia dos Cristais vaise baleirando.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As gaivotas trasladan centos de quilos de plástico dos vertedoiros ás reservas naturais

Un equipo internacional liderado pola Estación Biolóxica de Doñana do CSIC desenvolveu un modelo de deposición de residuos baseado na dieta e o movemento destas aves

A Costa da Morte desde o aire no novo vídeo da Deputación da Coruña

A institución provincial continúa percorrendo o litoral, de case 1000 km de entrantes e saíntes, neste caso nunha zona célebre polos seus naufraxios

Sanidade estende as restricións a outros seis concellos por mor da Covid-19

A presenza do coronavirus leva a tomar novas medidas nos municipios de Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio

A Praia dos Cristais, un areal en milleiros de cores

Esta cala situada en Laxe encandea coa súa imaxe multiculor na Costa da Morte