“Raras e únicas”: estas son as seis moedas históricas declaradas pola Xunta Ben de Interese Cultural

Na actualidade as pezas son propiedade do Goberno galego e están depositadas no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

A Xunta declara Ben de Interese Cultural seis moedas históricas de Galicia, que forman parte da colección numimástica do galego Antonio Orol, polo seu valor sobranceiro. Así se acordou o luns no Consello do Goberno galego, onde se lle deu o visto e prace ao decreto, que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia e que pon fin ao proceso de incoación iniciado en xuño do pasado ano.

Deste xeito, o expediente elaborado polos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural valora que estas seis moedas son emisións “raras e únicas” que constatan a presenza do Reino Suevo en Galicia e do medievo renacentista, das cales non se coñece ata o momento outros exemplares iguais. En concreto, abranguen desde o período do reino suevo e visigodo, así como do período dos Reis Católicos e do reinado de Felipe II e, segundo salienta a documentación deste procedemento, “a totalidade das moedas históricas obxecto da incoación presentan un excelente estado de conservación”. O lote inclúe a moeda na que se sospeita que pode incluír a primeira inscrición de Galicia, na que se pode ler ‘Gallica Pax’.

Publicidade

Neste senso, entre as sete moedas, atópase unha emisión única, que constitúe unha das poucas testemuñas material e documental auténticas da existencia do Reino Suevo en Galicia, á que os técnicos lle recoñecen “un valor cultural senlleiro” polas súas características artísticas. Ademais, destacan dúas pezas cuñadas na Coruña de “gran valor cultural e de rara cuñación”.

Seis das sete moedas

Cómpre salientar que a incoación inicial constaba de sete moedas, mais a peza coñecida como 1/4 de excelente dos Reis Católicos, Ceca A Coruña, foi adquirida na poxa mediante o exercicio do dereito de tanteo polo Ministerio de Cultura para destinala ao Museo Arqueolóxico Nacional e pasou a formar parte das coleccións do Estado que se custodian na dita institución.

Publicidade

Consecuentemente, a declaración de ben de interese cultural da totalidade das seis moedas, na categoría de obxecto moble singular, suponlles a protección patrimonial esixida polo seus valores históricos, artísticos, culturais e tamén identitarios e territoriais, xa que plasman con singular relevancia o seu vencellado coa Gallaecia histórica. Na actualidade, estes exemplares son propiedade da Xunta de Galicia, tras adquirilas por 178.200 euros o pasado novembro, e están depositadas no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Esta declaración eleva a 799 o número de bens de interese cultural existentes en Galicia. Así, permite culminar un proceso iniciado en xuño de 2025 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que se resolve agora antes de que se cumpra o prazo máximo de 24 meses establecido na Lei de patrimonio cultural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta exerce o dereito de tenteo para recuperar seis moedas históricas galegas

As pezas, que datan do século VI, foron declaradas Ben de Interese Cultural e inexportables para garantir a súa conservación en Galicia

A música e o baile tradicionais galegos, declarados bens de interese cultural

A Xunta de Galicia recoñece o seu valor como patrimonio inmaterial, garante a máxima protección legal e destaca o papel das comunidades portadoras e do tecido asociativo na súa transmisión

A moeda coa primeira mención a Galicia adquiriuna un estranxeiro por 52.500 euros

A Xunta iniciou o procedemento para declarar sete exemplares históricos como ben de interese cultural, mais este proceso non impide a súa compra en mans privadas

A Xunta protexerá como ben cultural sete moedas históricas que sairán a poxa

A colección do numismático galego Antonio Orol contén pezas "excepcionais e únicas" que testemuñan a presenza do reino suevo e do medievo renacentista no país