Premio para Andrés Figueiro, enxeñeiro da UDC, por un traballo sobre o porto da Coruña

O investigador do grupo GEAMA recibiu o galardón Modesto Vigueras, que outorga a Asociación Técnica de Puertos y Costas

O enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos Andrés Figuero Pérez, investigador do Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña, obtivo o segundo premio Modesto Vigueras 2021 da Asociación Técnica de Puertos y Costas, a entidade asociativa máis importante a nivel de portos de España, polo seu traballo Desenvolvemento de ferramentas predictivas para a toma de decisións en operatividade portuaria. Aplicación ao Porto da Coruña.

A investigación aborda a metodoloxía e o desenvolvemento de modelos predictivos, tanto do comportamento do buque atracado como do fenómeno de rebase, adaptados ás características do Porto Exterior da Coruña, para a súa implementación como ferramentas de axuda á toma de decisións na xestión portuaria.

Publicidade

A Asociación Técnica de Puertos y Costas é a sección española da Asociación Internacional Permanente de Congresos de Navegación. É unha sociedade de carácter técnico e  científico, coa misión de potenciar o progreso tecnolóxico nos ámbitos de portos e costas e fomentar a creación dunha cultura común entre todos os profesionais que actúan neses campos.

O Premio Modesto Vigueras, convocado e outorgado pola ATPYC, ten carácter anual. O seu obxectivo principal é fomentar o interese e a especialización das novas xeracións de profesionais no ámbito portuario e costeiro, o desenvolvemento de novas ideas neses campos, así como incentivar a participación destes nas actividades nacionais e internacionais da Asociación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar