O populismo, a debate nos Encontros de lúa chea de Lugo

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de encontros informais organizados polo colectivo Proxéctate en Galego para divulgar contidos académicos transversais de interese xeral ou de actualidade universitaria, tratarán este mércores 11 de abril, na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, a cuestión do populismo.

A sesión, de acceso libre e de balde para todo o público interesados, desenvolverase a partir das 20.00 horas baixo o título ‘Populismo, verdade ou lenda urbana’. A profesora da área de Historia Contemporánea da USC no campus de Lugo Ana Cabana Iglesias situará a temática da sesión, ao tempo que presentará ao tamén docente da USC Antón Losada Trabada, profesor da área de Ciencia Política e da Administración, quen afondará sobre esta temática.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O físico Javier Díaz Bruguera ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O investigador, referente no campo do deseño de procesadores e aritmética de computadoras, será académico na sección de Ciencias Técnicas

Coñece Refúxia-T, o visor interactivo que identifica illas de calor e refuxios climáticos de Galicia

A ferramenta segue unha metodoloxía que combina teledetección, intelixencia artificial, medicións ambientais sobre o terreo e criterios ecolóxicos e de biodiversidade

Unha fronte polar derruba os termómetros e trae a Galicia as primeiras neves da tempada

Aemet aemite alertas amarelas pola intensidade do vento nas zonas costeiras e das nevadas nas montañas do interior

A UDC crea nanofibras que se montan e desmontan á vontade e controla como se adhiren as células

A científica Elena Pazos lidera unha investigación que aborda un dos retos do deseño de biomateriais: conseguir estruturas ordenadas que poidan modificarse mediante sinais químicos