Ourense converte as horas de estudo na biblioteca en cartos solidarios para Senegal

Ourense converte as horas de estudo na biblioteca en cartos solidarios para Senegal

Como cada ano por estas datas, o campus de Ourense únese á Olimpíada Solidaria de Estudo, a campaña internacional de recollida de fondos para proxectos educativos en países do Sur. Desde este xoves e ata o 5 de decembro, as horas que os estudantes estean na Biblioteca Rosalía de Castro transformaranse en diñeiro para mellorar unha escola de Senegal e a alimentación do seu alumnado. O único que teñen que facer os estudantes ourensáns é apuntar nunha folla habilitada na entrada do centro o número de horas realizadas. Un acto sinxelo e sen custe que terá unha repercusión real na vida doutros estudantes que non tiveron a sorte de nacer no chamado Primeiro Mundo.
Segundo explican desde a Oficina de Voluntariado do campus, no ano 2014 participaron na anterior edición desta iniciativa no campus de Ourense 561 persoas, que rexistraron 4.533 horas de estudo que se transformaron noutros 4.533 euros achegados por diferentes entidades públicas e privadas que patrocinan esta Olimpíada, coordinada en España polas organizacións sen ánimo de lucro Coopera, Cooperación Internacional e ACTEC. Co obxectivo de igualar ou superar esta cifra, este xoves situouse na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro o posto coa información e co material necesarios para participar neste evento solidario. Deste xeito, os estudantes teñen que apuntar nunha folla alí habilitada o número de horas de estudo realizadas e depositar nunha furna ese mesmo número de horas en euros ficticios que están á súa disposición no propio posto de xeito gratuíto.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga

A falta de retención dos solos tras os incendios de 2025 agravou as riadas de Ourense

O edafólogo Agustín Merino vincula as escorreduras do 17 de xuño coa escasa revexetación durante o inverno e a ausencia de actuacións de restauración

Cámaras térmicas rexistran 40 graos nun patio escolar de Ourense

A organización Greenpeace mediu as temperaturas de escolas de cinco cidades españolas e determinou que as aulas dun colexio ourensán ten mínimas de 27 graos

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados