A ministra de Fomento visita a Universidade de Vigo á busca de alta tecnoloxía ferroviaria

A ministra de Fomento visita a Universidade de Vigo en busca de alta tecnoloxía ferroviaria

Primeira visita da ministra Ana Pastor á Universidade de Vigo, na que a titular de Fomento mantivo un encontro de traballo co reitor Salustiano Mato e cunha representación do seu equipo de goberno, e na que tamén participaron o comisionado do Vigo Tecnolóxico, José Antonio Vilán e o representante do Centro Singular de Investigación, AtlantTIC, Carlos Mosquera. Tras asinar no Libro de Honra da Universidade, Pastor, que estivo acompañada na visita ao campus de Vigo polo director de Renfe, Pablo Vázquez, puido coñecer as capacidades da Agrupación Estratéxica Industria e Enerxía, Inex, e do Centro Singular de Investigación AtlantTIC en relación cos trens e as liñas de alta velocidade. José Antonio Vilán, comisionado do Vigo Tecnolóxico foi o encargado de presentar á ministra de Fomento as potencialidades da Agrupación Estratéxica Industria Enerxía, que reúne a case unha trintena de grupos de investigación, con máis de 200 investigadores e investigadoras, na súa maior parte enxeñeiros industriais, con liñas de traballo que se enmarcan en case todos os ámbitos da industria e a enerxía.
Pola súa banda, Carlos Mosquera trasladoulle a Ana Pastor as fortalezas do centro AtlantTIC, onde se dan cita 11 grupos de investigación, con 142 investigadores e investigadoras enxeñeiros de telecomunicación, que desenvolven as súas liñas de traballo nas tecnoloxías da información e das comunicacións.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia impulsa o seu liderado en tecnoloxías cuánticas con dous novos laboratorios

O IGFAE e atlanTTic colaborarán no desenvolvemento de procesadores destinados á física de partículas e á computación óptica

Do Cabo Ortegal a Fisterra: a Ruta dos Faros a bordo dun tren turístico

Un percorrido de 200 quilómetros polos paisaxes máis fermosos das Rías Altas, recoñecido co premio "Tourism-Friendly" da UIC pola súa experiencia única e sostible

Volven a circular os trens en Galicia máis de 24 horas despois

As estacións fixeron de albergues improvisados nunha xornada de caos con milleiros de pasaxeiros rescatados do interior de centos de trens

Un proxecto da UVigo avanza nunha tecnoloxía máis intelixente para protexer a saúde humana

Un equipo atlanTTic desenvolve unha nova xeración de dispositivos máis sensorizados que poidan adaptarse mellor ás persoas para unha relación "máis natural"