Venus baixo o arco Spitzkoppe

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek; anotacións: Judy Schmidt
Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek; anotacións: Judy Schmidt

Explicación: que é iso do ceo? Aínda que hai moito que ollar nesta panorámica espectacular tirada durante as primeiras horas da mañá dun día de finais de setembro, o obxecto máis brillante era claramente o planeta Venus. Na imaxe publicada, Venus foi captado realmente ao través dunha ponte natural de rocha, en si mesma pintoresca, en Spitzkoppe, Namibia. O planeta, á esquerda da apertura, estaba complementado por unha silueta do astrofotógrafo á dereita. Por riba e máis alá da ponte de rocha estaban moitas iconas famosas dun ceo de noite escura, incluíndo d eesquerda á dereita, o cúmulo estelar das Pléiades, a nebulosa Orión, a brillante estrela Sirius e as Nubes de Magallanes Grande e Pequena. Esta semana, Venus fica visible ao leste do ceo antes do mencer, estando complementado por Marte, que está bastante achegado angularmente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo