Os mozos investigadores no estranxeiro reúnense na Coruña

Son moitos e moitas, e están inmersos en proxectos ben interesantes. Aproveitando a volta a casa polo Nadal, o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC) e o Muncyt da cidade organizan este xoves 27, por noveno ano, a reunión galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro.

O propósito do encontro, no que participan numerosos investigadores de referencia nos seus campos, é “abrir unha vía de intercambio e contacto” cos científicos e científicas galegas que actualmente están traballando en centros de investigación no estranxeiro, para “coñecer o seu traballo e facer posibles futuras colaboracións”.

Publicidade

O ano pasado, deste encontro saíu un Manifesto Galego pola Ciencia, que se pode ler nesta ligazón (PDF).

Desde as 10 da mañá deste xoves 27, no Muncyt celebraranse varias sesións de conferencias nas que investigadores e investigadoras no estranxeiro presentarán as súas liñas de traballo en diversas áreas de coñecemento. Para comezar, celebrarase un acto de benvida coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; María Mayán, coordinadora do comité organizador do encontro e responsable do grupo CellCOM do Inibic; e Ana María Correas, coordinadora de Relacións Institucionais da sede coruñesa do Muncyt.

Publicidade

Despois do almorzo, a partir das 14.40, haberá un debate sobre a situación actual da ciencia en Galicia e as oportunidades para os investigadores. Participarán Isabel Orbe (directora xeral da fundación científica da AECC); Xosé Bustelo, profesor do CSIC e científico do Instituto de Biología Molecular y Celular del Cáncer (iBMCC) de Salamanca; María Pardo, xefa do Grupo Obesidomica do IDIS de Santiago; Manuel de León, profesor do CSIC no Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) de Madrid; David Posada, Catedrático de Xenética da UVigo; e Sonia Villapol, investigadora de neuroloxía e profesora no Institute for Academic Medicine do Houston Methodist Research Institute. A mesa estará moderada por Rafael Fernández Leiro, do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) ce Madrid.

A xornada pecharase coa entrega de varios premios: un á mellor traxectoria profesional, outorgado por Hijos de Rivera; outro á mellor traxectoria profesional na categoría de investigadora xoven outorgado pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia AMIT-Gal; e outro ao mellor traballo presentado durante a xornada.

A continuación terá lugar a clausura da xornada, coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o xerente da área de Xestión Integrada da Coruña, Luis Verde, ademais de María Mayán e Ana María Correas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada