Xoves 28 Marzo 2024

Marcos, o neno lobo, xa ten novo fogar en Ourense

Hai once meses, a finais do mes de xaneiro de 2018, a asociación Amigas das Árbores da Limia lanzaba un chamamento a través das redes sociais: Marcos Rodríguez Pantoja, o neno lobo de Sierra Morena, que viviu durante máis de 10 anos cunha manda destes animais, sen apenas contacto con humanos. Despois dun regreso á sociedade cheo de atrancos e malas experiencias, acabou en Rante, unha aldea de San Cibrao das Viñas, acollido por un galego co que coincidiu en Andalucía.

En xaneiro, Xosé Santos, da asociación Amigos das Árbores, explicaba que “a casa onde vive Marcos é moi fría, e vaina quentando cunha estufa de butano, pero estamos axudándolle para comprar unha pequena caldeira de pellets“. Daquel chamamento xurdiu unha primeira actividade en Xinzo de Limia, á que acudiron decenas de persoas para axudar a Marcos.

Publicidade

“Os animais tamén sentimos”

Marcos: “Entre os humanos tamén hai boas persoas”

As malas vivencias da súa volta á sociedade deixaron pegada, pero a vaga de solidariedade dos últimos meses fíxoo reflexionar, segundo explica Xosé Santos: “Teño que recoñecer que entre os humanos tamén hai boas persoas“, dixo Rodríguez ao coñecer o apoio recibido neste ano.

En total, Amigas das Árbores recolleu 5.364,53 euros para afrontar o custe das reformas (8.735,44 euros). Arranxáronse o teito e o chan da vivenda, impermeabilizouse a construción, fíxose unha cociña nova e colocouse unha estufa de pellets. O resto do importe (3.370,91 euros) saíron dos aforros que tiña Rodríguez Pantoja. Desde a entidade sinalan que as facturas están a disposición de quen queira consultalos.

Desde que GCiencia deu conta do caso, decenas de medios de comunicación de varios países, como The Guardian, dedicaron longas reportaxes á historia de Marcos.

Desde a entidade Amigas das Árbores lembran o compromiso de Marcos de seguir transmitindo o seu saber á sociedade, mediante as charlas en asociacións e centros educativos que ofrece a cotío.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“O lobo é patrimonio de todos como o é a catedral de Santiago”

O investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, cualifica de “mala noticia” a revisión do status de protección da UE

Un de cada catro lobos en Galicia presenta infección por vermes cardiopulmonares

Un estudo no que participou a USC detectou en cadáveres do noroeste peninsular un parasito que ocasiona doenzas respiratorias en carnívoros

O censo do lobo estima 93 mandas reprodutoras en Galicia e confirma o avance da especie

Dende Patrimonio Natural confirman datos similares aos do seguimento anterior, manténdose a área de distribución territorial

Cerco ao lobo: un estudo revela o progresivo illamento da especie en Galicia

Un estudo proba que no século XIX estaba presente no 65% do territorio peninsular