Unha odontóloga galega, premiada por un estudo sobre o cancro de cabeza e colo

A Sociedade Española de Medicina Oral recoñeceu o traballo de fin de grao de Fátima Lousada sobre un biomarcador tumoral en biopsia líquida

A Sociedade Española de Medicina Oral (SEMO) acaba de concederlle o seu premio ao mellor Traballo Fin de Grao (TFG) ao presentado pola graduada en Odontoloxía pola USC Fátima Lousada Fernández co título ‘Análise dos niveis de ADN libre circulante en pacientes con cancro de cabeza e colo’.

O traballo premiado profunda no coñecemento sobre a situación actual do ADN libre circulante comparado con outros biomarcadores tumorais no cancro da cabeza e colo e avanza na posta a punto da técnica para determinar a súa presenza en plasma, ademais do seu valor diagnóstico en pacientes con algún destes dous tipos de cancro. O ADN libre circulante está orixinado por células tumorais e non tumorais que o liberan ao torrente sanguíneo así como a outros biofluídos.

Publicidade

O TFG estivo titorizado pola profesora de Estomatoloxía do Departamento de Cirurxía e especialidades médico cirúrxicas María Mercedes Suárez Cunqueiro e a responsable da Unidade de Biopsias líquidas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Laura Muinelo Romay. O traballo demostra o interese da cuantificación do ADN libre circulante como marcador diagnóstico en cancro se ben, e como aclaran as investigadoras, a biopsia líquida nestes dous tipos de cancro, o de cabeza e colo, atópase nun estadío prometedor pero moi incipiente. Como engaden, ata conseguir a súa implantación clínica precísanse estudos multicéntricos e con grandes tamaños mostrais se ben “unha vez máis a biopsia líquida emerxe como una técnica non invasiva para conseguir unha medicina de precisión personalizada en oncoloxía”.

Fátima Lousada Fernández realizou o TFG a través da colaboración que a profesora Mercedes Suárez mantén dende hai anos co grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, cuxo director é o doutor Rafael López López. Este novo traballo xa tivo eco na prensa especializada, concretamente na revista internacional Journal Molecular Sciences, cuxo factor de impacto JCR ascende a 3,226. Ademais, esta liña de traballo baseada no descubrimento de biomarcadores tumorais en biopsia líquida estivo financiada pola Fundación Eugenio Rodríguez Pascual e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade