A que cheiran os bosques? Obradoiro infantil no Museo de Historia Natural de Santiago

A actividade, dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos, dá a coñecer aos asistentes as diversas especies aromáticas presentes nos bosques galegos

O Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela celebrará este sábado 29 de xuño o obradoiro “O cheiro dos nosos bosques: plantas aromáticas” dirixido a rapazas e rapaces de 6 a 12 anos. Celebrarase de 11.00 a 13.00 horas e estará impartido pola titulada en Bioloxía Silvia Romero Río.

A través dunha metodoloxía de descubrimento mediante actividades e xogos, o obradoiro axudará a coñecer características e curiosidades de diferentes especies aromáticas dos bosques e dos campos ligados á cultura popular galega, ademais de axudar a entender as interaccións entre diferentes compoñentes dos ecosistemas, tanto animais como vexetais.

Publicidade

A iniciativa axudará a que os máis pequenos valoren os beneficios que as plantas achegan aos seres humanos e como diferenciar entre especies autóctonas, exóticas e invasoras, así como sensibilizar sobre a importancia da conservación das especies.

O obradoiro está contemplado para un mínimo de 20 persoas e un máximo 30. É necesario facer reserva previa, alomenos con dous días de antelación á data do obradoiro. O prezo é de 4 euros por persoa, e os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas. Segundo subliñan desde o Museo, ter feita a reserva non implica ter praza ata non recibir o mail de confirmación.

Publicidade

A inscrición pode realizarse a través da web do Museo de Historia Natural, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Por que os actuais bosques españois son en realidade xardíns

Unha mirada histórica revela como a xestóin humana modelou a vexetación actual fronte ao quentamento global
00:04:12

Son cegos os morcegos? Desmentindo un mito tan vello como o seu nome

Os quirópteros utilizan a ecolocalización e unha visión adaptada á escuridade para orientarse e capturar presas con precisión

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento