A UVigo crea un centro de investigación en tecnoloxías, enerxía e procesos industriais

O novo proxecto, que levará o nome de Cintecx, agarda ter éxito na vindeira convocatoria de centros singulares da Xunta de Galicia

Co obxectivo de coordinar e potenciar os grupos de investigación que traballan na Universidade de Vigo nos ámbitos da enxeñaría en liñas relacionadas cos eidos da industria e a enerxía, a institución académica viguesa creará o Cintecx, o Centro de investigación en tecnoloxías, enerxía e procesos industriais. O Consello de goberno deu hoxe o primeiro paso no proceso de posta en marcha do centro, aprobando remitir ao Claustro a súa creación.

Dez grupos de investigación, nos que desenvolven o seu labor uns 200 investigadores e investigadoras, conformarán o centro, que ten o seu xermolo na agrupación estratéxica INEX, e co que a institución académica viguesa agarda ter éxito na vindeira convocatoria de centros singulares da Xunta de Galicia. “É unha reorganización da agrupación INEX, que reflicte o potencial que temos na Universidade de Vigo neste ámbito. Tras presentar unha memoria coa súa motivación, xustificación, necesidade, estrutura, persoal, actividades, así como a súa viabilidade técnica e económica, á vista dos números desta última, coido que poden ser moi solventes e ter éxito non só en convocatorias autonómicas, senón nun futuro poder optar a outras convocatorias a nivel nacional”, explica Belén Rubio, vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo.

Publicidade

Á espera de que incorpore quen será o seu director definitivo, a catedrática Ángeles Sanromán farase cargo temporalmente da dirección do centro, no que sete dos grupos de investigación que o integran son de referencia competitiva e os outros tres de potencial crecemento, unha circunstancia que o reitor, Manuel Reigosa, considera “unha boa tarxeta de presentación para a Xunta”.

A aprobación para a remitir ao Claustro a creación do Cintecx foi un dos acordos adoptados na sesión ordinaria de Consello de Goberno celebrada hoxe e na que tamén as e os seus integrantes aprobaron, entre outros asuntos, a conta de liquidación do orzamento do exercicio 2018; a denuncia do convenio de adscrición do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside) á Universidade de Vigo; o regulamento do persoal investigador honorífico e o convenio de colaboración entre a Xunta e a Universidade para o acondicionamento e cesión das plantas quinta á sétima do edificio administrativo do executivo autonómico na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Tres científicos e dúas científicas de USC e UVigo reciben as Medallas de Investigación

Os premios da Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a Mabel Loza, Sebastian Villasante, Leandro Alejano, Rosa Crujeiras e Francisco Rivadulla

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos