O vídeo que amosa a incrible reconstrución en 3D do coro do mestre Mateu

A proposta dos investigadores mostra unha representación moito máis precisa da obra do arquitecto galego desmontada a comezos do século XVII

Un coro desmantelado no século XVII e que, máis de 400 anos despois, podemos volver a ver en todo o seu esplendor. O equipo investigador, que forma parte do proxecto KosmoTech_1200, fixo público un vídeo no que se pode ver unha recreación 3D da obra creada polo mestre Mateu.

O proxecto, con Francisco Prado como investigador principal e Anxo Miján como coordinador técnico, utiliza unha tecnoloxía avanzada. Esta é combinada co estudo histórico e artístico da obra. A partir de aí, trata de reconstruír dixitalmente un importante patrimonio que se centra nas estruturas realizadas polo mestre Mateu na Catedral de Santiago de Compostela: o coro pétreo. Os expertos cren que foi creado ao redor do ano 1200, de forma posterior ao Pórtico da Gloria.

Publicidade

O concerto vocal do coro representa con detalle, cun naturalismo adiantado á súa época, desde a disposición dos músicos como as características de cada instrumento. É algo, neste sentido, similar ao que fixo no Pórtico da Gloria. Os cantores xa están esculpidos representando o momento previo a cantar, conversando mentres afinan a súa voz. As composicións musicais que van interpretar están codificadas nos seus xestos a través dunha técnica chamada man guidoniana.

Unha reconstrución máis exacta

Moitas pequenas partes desta obra foron reutilizadas en diversos puntos por parte da igrexa. Agora, a investigación xa reúne tanto a análise dos detalles coñecidos como os dos novos que se foron atopando segundo avanzou o proxecto. A tecnoloxía permite reconstruír catro sitiais en 3D, recuperando as cores orixinais.

Publicidade

As conclusións obtidas polo equipo nos últimos anos abren a porta a unha reconstrución máis exacta ca actual. Xa ao longo do século XX fixéronse varios estudos. Anos máis tarde e despois de novas investigacións, os expertos publican este vídeo como mostra dunha proposta máis precisa. Ademais, tamén pretende achegar o patrimonio á cidadanía e traballar para poder experimentar os espazos reconstruídos de forma máis inclusiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo