O programa biomédico Biocaps culmina tras abrir 86 liñas de investigación

O Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas, Biocaps, chega ao seu fin co seu principal obxectivo cumprido: acadar para o Instituto de Investigación Biomédica, IBI, un nivel de excelencia científica que xa foi recoñecido pola Comisión Europea. Durante a conferencia final do proxecto, financiado durante os últimos tres anos pola UE con 4,6 millóns de euros, fixouse como próximo fito acadar a acreditación do IBI por parte do Instituto de Salud Carlos III. A coordinadora de Biocaps, a catedrática da Universidade de Vigo África González, destacou que o proxecto “axudounos a deseñar unha estratexia para que o IBI teña a maior transcendencia científica e capacidade transferencia”. Tras citar como principais indicadores as 86 liñas de investigación abertas, máis de 500 investigadores, 70 novos proxectos e sete patentes aprobadas, González destacou a incorporación de talento e equipamento punteiro, ademais da intensificación da colaboración ente o persoal investigador do instituto con outros centros europeos de referencia, como logros acadados. A estes sumou a transferencia de resultados a través das patentes concedidas e un bo número de colaboracións coa industria, a difusión a través de máis de 500 artigos en revistas científicas de gran impacto e a organización de seminarios e workshops. González reclamou financiamento estable para dar continuidade aos obxectivos acadados, en especial a consolidación dos investigadores contratados ao longo dos últimos tres anos.

Biocaps sáldase con sete patentes aprobadas e 500 artigos publicados

Na conferencia final que o proxecto celebrou este venres no Centro Social Afundación, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asegurou que a fin do proxecto “ponnos nas portas da acreditación do IBI, á vez que coincide coa oportunidade de dar continuidade á folla de ruta marcada por Biocaps para o IBI”, grazas á colaboración entre a Universidade e a Consellería de Sanidade coa apertura do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, da institución académica viguesa e coa recente posta en servizo do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicidade

O director científico do IBI, José Ramón Fernández, asegurou que Biocaps tivo un gran impacto sobre o centro, en especial no relativo á intensificación na colaboración entre grupos de investigación básica e clínica e a efectividade das accións de difusión, “que solucionaron o problema que o IBI tiña de proxección cara ao exterior para dar a coñecer a súa actividade”. Fernández reclamou un apoio claro e decidido por parte da Xunta e da Universidade para consolidar as liñas de investigación e os científicos e científicas incorporados grazas a Biocaps para acadar a acreditación do IBI e a mellora do nivel de excelencia acadado.

Máis información no seguinte enlace:

Publicidade

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10828&Itemid=2

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo emprega plantas trampa para loitar contra unha praga nas patacas

A 'Solanum sisymbriifolium' é capaz de enganar ao nematodo que ataca ao tubérculo causando a súa morte

O vehículo creado por universitarios galegos competirá en Assen, Silverstone e Montmeló

O monopraza de UVigo Motorsport ten un chasis máis lixeiro e unha aerodinámica máis eficiente que os modelos de anos anteriores

Últimas noticias sobre a busca científica da eterna xuventude

Existe un enorme interese na ciencia por entender o proceso de envellecemento co fin de retardalo ou, mesmo, evitalo

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos