O catedrático Fernando Pérez, distinguido polo máis importante instituto mundial de electrónica

Catedrático de Teoría do Sinal e das Comunicacións na Universidade de Vigo, autor de 15 patentes internacionais e de máis de 200 artigos de investigación, Fernando Pérez González é desde este mes de xaneiro membro IEEE Fellow, unha distinción reservada unicamente para os e as integrantes máis destacados do Institute of Electrical and Electronics Engineers, IEEE, e que constitúe a máis alta honra que pode acadar un membro do instituto. Esta distinción chégalle a Fernando Pérez tras máis de 20 anos dedicados á investigación aplicada no campo das telecomunicacións, máis especificamente nas áreas de comunicacións dixitais e seguridade multimedia, campos de especialización do catedrático, que desenvolve a súa actividade investigadora no seo do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións, integrante do Centro de Investigación AtlantTIC. “Este é un recoñecemento non é só á miña traxectoria como investigador, senón un respaldo a un xeito de facer as cousas e o mérito de todo un equipo de investigadores que traballan de xeito rigoroso e tenaz”, asegura Fernando Pérez.

Acadar este nivel no IEEE é un proceso complexo que comeza coa presentación da candidatura por parte doutro Fellow da organización, xunto cunha relación dos méritos máis destacados do aspirante en materia de investigación e o respaldo de ata outros oito Fellows, ademais de institucións ou empresas nas que o candidato xogase un papel de relevo. A partir de aí comeza un proceso de avaliación que, de resultar positivo, culmina co nomeamento por parte do Consello de Directores do IEEE. O número de novos Fellows elixidos cada ano non pode superar o 0,1% dos membros da organización, acadando na actualidade os 9.500 en todo o mundo. Uns 300 Fellows integran a promoción de 2016, na que ademais do catedrático da Universidade de Vigo, tamén figura Pablo Rodríguez, director de Investigación e Innovación e responsable do Barcelona R&D lab de Telefonica Digital, polos seus traballos de deseño e desenvolvemento de arquitecturas de distribución de contidos en Internet.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10818&Itemid=2

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pint of Science: “É fantástico pasar do contexto pechado da investigación á contorna afable dos bares”

O investigador de atlanTTic Diego Cajaraville dará o 19 de maio ás 19:30 horas unha charla no bar De Catro a Catro de Vigo

Fernando Aguado: “A variación do sinal con respecto a Vigo axudará a situar Orion na Artemis II”

O catedrático da Universidade de Vigo cualifica de “soño” a participación do seu equipo no percorrido cara á Lúa na nova misión da NASA

Galicia, na misión Artemis II da NASA: así traballa a UVigo no seguimento de Orion

Un grupo de atlanTTic analizará unha monitoraxe continua durante dez días para asegurar a correcta traxectoria da cápsula

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais