O furacán Álex, o primeiro en xaneiro dende 1938, achégase a Galicia

O furacán Álex, sobre as illas Azores.
O furacán Álex, sobre as illas Azores.

O fenómeno de ‘El Niño‘ non deixa de sorprender aos científicos e agora creou as condicións para que se xerase un inusual furacán no Atlántico fóra da tempada habitual, que vai de principios de xuño a fins de outubro. Alex é o primeiro sistema tropical en formarse en xaneiro dende o ano 1938.

As illas Azores recibiron a advertencia de que o furacán de categoría 1 ía na súa dirección con ventos con velocidades de 140 km/h. O paso do furacán provocou danos materiais nas illas, especialmente nos portos.

Publicidade

En termos de calendario, Alex asombrou por ser tan madrugador. E convence aos meteorólogos de que o fenómeno de ‘El Niño’ desta edición vai ser dos máis intensos, o que sen dúbida terá consecuencias. Tras bater nas Azores, o furacán perdeu forza, para quedar disolto. A Galicia, chegará unha fronte que provocará intensas choivas e alerta amarela no mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha cicloxénese explosiva no Atlántico deixa avisos por choiva e vento en Galicia

Meteogalicia advirte que haberá refachos de máis de 100 quilómetros por hora na Costa da Morte e acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado no litoral

A seca xa afecta o 79% de ríos galegos e o 15% presenta niveis extremos

Un visor interactivo creado polo investigador do CSIC Dominic Royé alerta da situación de secura no norte da Coruña, no paso do Ulla entre Pontevedra e Lugo e no sur de Pontevedra

Regresa El Niño, o fenómeno que incrementa (aínda máis) as temperaturas a nivel global

O evento meteorolóxico causa episodios atmosféricos extremos e podería deixar un outono máis chuvioso en Galicia

O furacán Gabrielle cambia de traxectoria: así afectará a Galicia

O percorrido levarao cara a Lisboa e ao Golfo de Cádiz, con efectos secundarios sobre o litoral noroeste con ventos e ondas elevadas