A Gran Nube de Magallanes

Créditos da imaxe: ESA / NASA / JPL-Caltech / STScI
Créditos da imaxe: ESA / NASA / JPL-Caltech / STScI

Explicación: as nubes de po cósmico ondean por este retrato en infravermellos da galaxia satélite da nosa Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes. De feito, a extraordinaria imaxe composta grazas ao Observatorio Espacial Herschel mailo Telescopio Espacial Spitzer amosa as nubes de po que enchen esta galaxia anana veciña, así coma o po ao longo do plano da propia Vía Láctea. As temperaturas do po tenden a perfilar a actividade de formación estelar. Os datos do Spitzer, en cores azuis, indican o po quente arrequecido polas estrelas noviñas. Os instrumentos do Herschel contribuíron aos datos da imaxe que se amosan en vermello e verde, desvelando a emisión do po procedente das rexións intermedias e máis frías, onde a formación estelar está a comezar ou xa rematou. A aparencia infravermella da Gran Nube de Magallanes, dominada pola emisión do po, é diferente da visión en imáxenes do visual. Pero a famosa Nebulosa da Tarántula desta galaxia aínda sobresae, visible de xeito doado aquí como a rexión máis brillante á esquerda do centro. A só 160.000 anos luz de distancia, a Gran Nube de Magallanes ten uns 30.000 anos luz de diámetro.

1 comentario

  1. Em primeiro lugar, muito obrigado polo magnífico trabalho que fazedes neste site, tam imprescindível como inspirador. Queria apenas umha correcçom. Em galego ILG seria “Magalláns” ou, alternativamente, poderia-se respeitar o nome original “Magalhães”. O nome vem do explorador português “Fernão de Magalhães”, portanto não faz sentido escrevê-lo em espanhol. Dado que é um nome do S. XV é costume adaptá-lo, dai o “Magellans” do inglês, o “Magallanes” do espanhol e o “Magalláns” que aparece no Corpus Técnico do Galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español