O grupo Histagra da USC abre a mostra ‘80 anos. Santiago 1936’

Explicar cómo en poucos días Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se celebraba o Estatuto de Autonomía de Galicia, a vivir o triunfo do golpe de estado. Ese é o propósito da mostra que o grupo de investigación histórica da USC Histagra inaugura este xoves 7 ás 19.00 horas na Fundación Granell.

En ‘80 anos. Santiago 1936’ cóntase, “cun novo relato elaborado a 80 anos daquel pasado incómodo”, cómo as rúas de Compostela “pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza”, explican os promotores e comisarios da exposición Lourenzo Fernández Prieto, Gustavo Hervella García, Alfonso Mato Domínguez, Antonio Míguez Macho e Dolores Vilavedra Fernández.

Publicidade

A mostra poderá visitarse ata o 25 de setembro de martes a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e os sábados de 12.00 a 14.00  e de 17.00 a 20.00 horas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista

Un estudo revela como a Guerra Civil e o franquismo afectan 90 anos despois os familiares das vítimas

A investigación interdisciplinar identificou diferentes patróns psicolóxicos en función de se puideron recuperarse ou non os restos mortais da vítima

Localizada a foxa do Val en Narón, unha das máis grandes de Galicia

A investigación apunta a inhumación dun mínimo de 51 persoas entre 1936 e 1938 no cemiterio, e a maioría eran mariños, oficiais e suboficiais da Armada

O diario de Gerardo “Marianova”, o soldado lucense que deixou por escrito a súa experiencia na Guerra Civil

O investigador e familiar Pablo Rivera Capón analiza unhas memorias inéditas que relatan en primeira persoa as vivencias dun combatente galego