O grupo de investigación 'Stellae', nun proxecto europeo para combater o racismo no deporte

Membros do grupo de investigación Stellae da USC participan no Proxecto IRIS (Innovative learning resources to foster equal participation in grassroots sports, dealing with discrimination, racism and violence incidents) enmarcado no Programa ERASMUS+ e que ten como finalidade mellorar a comprensión da discriminación, o racismo e a violencia no deporte.
O grupo persegue ademais comprender os principios de código de ética do deporte, ofrecer coñecementos prácticos acerca da igualdade de oportunidades e promover medidas e prácticas para previr a discriminación, o racismo e a violencia nese eido. Ademais, trata de proporcionar a capacitación de profesorado e dos monitores e monitoras deportivos para o manexo das emocións dos nenos e nenas asociadas coa participación deportiva.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dor, fatiga e medo: as barreiras que limitan a práctica deportiva en mulleres

A Universidade de Vigo elabora un cuestionario no que o 70% das participantes indicou sentir inseguridade para facer exercicio soa nalgúns espazos

Salas: “A xenética dos galegos ten máis compoñente norteafricana que a andaluza”

O investigador do IDIS foi un dos poñentes na xornada 'Pontevedra Multicultural. Ciencia pola Igualdade', organizada polo Concello de Pontevedra e GCiencia con motivo do 25N

Pontevedra convoca unha xornada para analizar os nesgos na ciencia co gallo do 25N

O encontro, organizado por GCiencia e pola Concellería de Igualdade, celebrarase o sábado 29 de novembro no centro social O Gorgullón

Diagnósticos inventados: a lista negra de trastornos mentais que nunca existiron

A histeria, a síndrome postaborto e a neurastenia son etiquetas inventadas que non foron máis que formas de manipulación e control