Pontevedra convoca unha xornada para analizar os nesgos na ciencia co gallo do 25N

O encontro, organizado por GCiencia e pola Concellería de Igualdade, celebrarase o sábado 29 de novembro no centro social O Gorgullón

Quen era Henrietta Lacks? Xa estamos a vivir un apartheid climático? Existe o ADN galego? Estas e moitas outras preguntas resolveranse este sábado 29 de novembro na xornada Pontevedra multicultural: ciencia
pola igualdade
. O encontro, que se celebrará no centro social O Gorgullón a partir das 10.30 horas, está organizado por GCiencia en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra co gallo do 25N. O obxectivo é analizar dende unha perspectiva crítica os nesgos de raza e xénero ao longo da historia da ciencia, no presente e, tamén, que cabe esperar de cara ao futuro.

Da man da ciencia, as relatoras e relatores identificarán nesgos de xénero ou discriminacións raciais en, por exemplo, experimentos médicos ou avaliacións científicas do pasado, que hoxe en día se reproducen na intelixencia artificial. E tamén evidencias sólidas de que o concepto de “raza” carece de base biolóxica ou que todas as poboacións do planeta están conectadas e que a diversidade é parte esencial da nosa historia. Tamén, como as migracións climáticas están a fomentar os discursos de odio, o aumento de mensaxes xenófobos e racistas en redes sociais e o porqué de sucesos como o de Torre Pacheco.

Publicidade

Un espazo para a reflexión crítica

O encontro no Gorgullón pretende ser un espazo de reflexión crítica, informada e plural, arredor da multiculturalidade, o feminismo e o racismo e os retos da convivencia global, a través duns relatorios-debate que conxugan rigor académico, compromiso social e divulgación accesible. Para iso contarase coa participación do xenetista Antonio Salas, que abordará os nesgos raciais e de xénero dende o estudo do ADN. Tamén colaboran as profesoras da Universidade da Coruña (UDC) Laura Castro e Keina Espiñeira, o investigador da Universidade de Santiago (USC) Ignacio Varela Ramos e a bióloga África Iglesias.

Pontevedra é unha cidade referente, non só polo seu modelo urbano, senón tamén na aposta pola educación, igualdade, ciencia e dereitos humanos. Unha aposta poliédrica reflectida na xornada Pontevedra multicultural: ciencia pola igualdade.

Publicidade

Programa

10.15 horas. Inauguración.
10.30 horas. De Henrietta Lacks á IA: os múltiples nesgos na ciencia

  • África Iglesias, bióloga
  • Laura Castro, profesora da área de Ciencia da computación e intelixencia artificial da Universidade da Coruña (UDC)

11.30 horas. O impacto das migracións climáticas nos discursos racistas

  • Keina Espiñeira González, profesora na Facultade de Socioloxía da UDC
  • Ignacio Varela Ramos, xeógrafo e investigador do Centro de investigación interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

    12.30 horas. Unha ollada dende a xenética: existe o ADN galego?

    • Antonio Salas Ellacuriaga, xenetista e catedrático de Medicina na Universidade de Santiago (USC). Lidera o lidera o grupo de investigación Xenética de Poboacións en Biomedicina do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Please enter your comment!
    Please enter your name here

    Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

    Relacionadas

    Onde están as mulleres? Tan só 26 investigadoras recibiron un Nobel de Ciencia

    Menos dun 4% do total dos premios de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas na historia do prestixioso galardón

    Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

    A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

    Unha reconstrución dixital amosa a representación da ‘Odisea’ nunha columna da catedral de Santiago

    Un profesor da USC relaciona as viaxes de Ulises coas que leva a cabo un peregrino seguindo a fe do cristianismo a través da iconografía da construción

    Ciencia sen mans

    Sen financiamento suficiente para persoas, equipamento e planificación a longo prazo, a excelencia científica convértese nun obxectivo difícil de acadar. Por Xunta de representantes de InvestiGal