O Congreso Internacional Médico-Cirúrxico 2017 reúne 350 participantes en Compostela

‘Mentes que cambian o mundo’ é o lema do Congreso Internacional Médico Cirúrxico 2017 (CIMQ’17) que esta semana se celebra na Facultade de Medicina entre os días 13 e 15. Esta é unha iniciativa de estudantes deste centro da USC coa pretensión de reunir os grandes nomes de áreas ámbitos como o das Ciencias da Saúde, Medicina, Bioloxía, Bioquímica ou a Biotecnoloxía e promover a idea de que o coñecemento en saúde é froito da colaboración e o traballo de conxunto de distintas disciplinas que traballar entre si. O comité organizador agarda congregar en Compostela a preto de 350 congresistas, estudantes de toda España, así como doutros países como Suecia, Polonia, Italia, Portugal ou Ucraína, entre outros.

Ao longo das tres xornadas, o programa organiza as distintas intervencións agrupadas en tres bloques sobre Cirurxía, Medicina e Tecnoloxías aplicadas á saúde que se desenvolverán en mesas redondas con especialistas de distintas áreas. No primeiro día, dedicado á Cirurxía,  trataranse algúns dos temas máis destacados de CIMQ’17 como o transplante de cara e de como abordar unha reconstrución facial coa presenza dos doutores Pedro Infante, Antonio Taboada e Abel García.

Publicidade

No mesmo bloque temático, abordarase a cirurxía de separación de xemelgos siameses da man do doutor Gentil Martins, considerado un dos máis prestixiosos cirurxiáns pediátricos do mundo e pai da cirurxía pediátrica portuguesa que con 86 anos conta con varios miles de operacións no seu currículo. Por outra banda, na mesa de cirurxía xeral- traumatoloxía intervirán o catedrático Miguel Caínzos, o actual presidente da Sociedade Española de Cirurxía, José María Jover, e o doutor Fernando de la Portilla, cuxas liñas de investigación tocan aspectos relacionados coa creación de órganos, a bioenxeñaría e a terapia celular aplicada.

Ao longo das tres xornadas, os temas van agruparse en Cirurxía, Medicina e Tecnoloxías

Xa o martes 14, o congreso estará dedicado á especialidades médicas cunha xornada dedicada ao Parkinson na que participarán o profesor Ramón Soto Otero; o director do grupo de investigación en Enfermidades Neurodexenerativas do Vall d’Hebron Institut de Recerca (VHIR), Miquel Vila; o responsable do Centro de investigación de neuroimaxe de París, Stephane Lehericy; ou o profesor Javier Cudeiro, entre outros. No ámbito da oncoloxía, participará Sobrinho Simões, experto en cancro de tiroides e recoñecido recentemente como o patólogo máis influínte do mundo.

Publicidade

A derradeira sesión deste encontro internacional estará dedicada á aplicación da tecnoloxía ás Ciencias da Saúde e comezará coa presentación de traballos e comunicacións orais de estudantes que optarán a un premio promocionado pola editorial Elsevier así como a un premio de cirurxía organizado pola Sociedade Española de Cirurxía Cardiovascular e Cardiotorácica.

O mesmo mércores 15, está prevista a intervención de Tal Golesworthy, enxeñeiro británico afectado coa Síndrome Marfan e que reparou o seu propio corazón despois de deseñar un novo procedemento para tratar a dilatación da súa arteria aorta, evitando deste xeito unha vida condicionada á administración de anticoagulantes. Este abano de intervencións completarase con diversas obradoiros de eminente carácter práctico que busca complementar a formación do alumnado  en técnicas novedosas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval

Sancha de Lobeira: como preitear contra o arcebispo de Santiago e saír gañando

Foi unha gran señora feudal que viviu entre os séculos XV e XVI e cuxa xestión patrimonial deixou fonda pegada nos concellos da Serra de Outes

Xoana de Castro, unha raíña para a eternidade

O seu matrimonio con Pedro I de Castela foi moi efémero pero ela defendeu o seu título rexio ata a fin dos seus días

Fito médico en Vigo: nace a primeira nena sa tras unha cirurxía de aorta á nai

A intervención do Hospital Álvaro Cunqueiro implicou a parada circulatoria controlada da nai e asegurou a preservación dos órganos vitais e o seguimento do embarazo