A NASA amosa as primeiras fotos reais da estrela con sete planetas

trappist1-during-press-conference-web

Non vai máis aló dun conxunto de píxeles nerviosos en branco e negro. Pero son as imaxes que permitiron á NASA determinar que a estrela Trappist-1 tiña sete planetas na súa órbita. A animación amosa a cantidade de luz detectada por cada píxel nunha pequena sección da cámara a bordo do telescopio espacial Kepler. Como o seu sol está a 40 anos luz, eses sutís fogonazos que capta o telescopio espacial saíron da estrela cara á Terra hai catro décadas, en 1977.

A luz de Trappist-1, unha estrela tenue e fría, das denominadas ananas vermellas, é o punto máis claro no centro da imaxe. Parao telescopio Kepler, non foron directamente visibles os sete planetas do tamaño da Terra que orbitan arredor dela. O que si capta Kepler son as pequenas oscilacións no brillo da estrela cando os seus planetas se cruzan coa visión do telescopio, provocando oscilacións na súa intensidade.

Publicidade

Telescopios como Kepler poden captar estas pequenas distorsións cando os planetas bloquean unha mínima fracción da luz da estrella. Esta fórmula de atopar exoplanetas é o denominado método de tránsitos, o máis exitoso nestes momentos para a procura de novos mundos. O propio Kepler revelou de golpe en 2011 máis de 1.200 candidatos a exoplanetas usando esta técnica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo