O catedrático da USC Juan Casares Long entra na dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía

O Instituto Wessex de Tecnoloxía acaba de nomear o catedrático de Enxeñaría Química e ex reitor da USC, Juan J. Casares Long, membro do seu comité de dirección. O Wessex é unha institución científica privada emprazada no Parque Nacional New Forest do Reino Unido e asociada á Universidade de Gales.  O consello de dirección do Instituto diríxeo o profesor Carlos Brebbia, recoñecido internacionalmente como o creador do BEM (Método de Elementos Fronteira) para a resolución de ecuacións en derivadas parciais de gran interese industrial na área de Cálculo de Estruturas Mecánicas. Casares substituirá no cargo ao profesor Matiur Rahman, falecido o pasado ano.

Esta institución dedícase fundamentalmente a desenvolver programas de doutoramento e mestrado propios ou en colaboración con outras institucións académicas; realizar investigacións nas áreas de mecánica de fluídos, cálculo de estruturas e danos estruturais, modelización ambiental, enxeñaría industrial e tecnoloxías da información e comunicación; e servir de consultaría á industria aeroespacial, do automóbil e mecánica e naval no ámbito de aplicación do Análise de Elementos Fronteira (BEASY).

Publicidade

Juan Casares
Licenciado en Química pola USC en 1972, Juan Casares doutorouse en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñería Química pola Universidade de Salford. Logo de traballar a mediados dos 80 na Universidade do Petróleo e Minerais de Arabia Saudí, volveu á USC como profesor titular.

Catedrático das Universidades de Sevilla e Cantabria, o profesor Casares foi, ademais de reitor da USC, director do Centro de Supercomputación de Galicia entre 1993 e 1997 e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997-2001).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía