O CiQUS da USC convoca 15 bolsas de verán para estudantes de grao

Un ano máis, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) convoca o seu programa de bolsas de verán dirixido a estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados.

A terceira edición do CiQUS Summer Fellowships ofrece 15 bolsas para realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel. As persoas seleccionadas recibirán 700 euros ao mes e terán cubertos os gastos de viaxe.

Publicidade

Durante catro a seis semanas aprenderán a utilizar modernos equipos e instrumentación sofisticada, traballando e vivindo nun ambiente estimulante de investigación na vangarda da química. Tamén poderán participar nas actividades científicas do CiQUS, que inclúen seminarios internos e o programa de conferencias impartido por figuras internacionais, e coñecer directamente a oferta formativa predoutoral do centro da USC.

Requisitos
Para solicitar unha bolsa deberase estar matriculado nun dos últimos anos dos seus estudos de grao e ter superado 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,0 puntos sobre 10. Deberase cubrir o formulario en liña e envialo por correo electrónico a ciqus@usc.es coa documentación solicitada sinalando no asunto da mensaxe ‘Summer17’. O prazo de solicitudes remata o 20 de abril.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

A experiencia de investigar no estranxeiro cunha bolsa da Fundación Barrié: “Foi moi enriquecedor”

A estudante de enxeñaría biomédica Silvia Rodríguez desfrutou dunha estadía de nove semanas aprendendo sobre biomedicina computacional en Reino Unido

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente