Chega a Santiago a exposición ‘O sindicalismo galego na Transición 1972-1977’

Acto de presentación da exposición.

Logo de pasar por Ferrol e A Coruña, este venres inaugurouse no Claustro do Colexio de Fonseca a exposición ‘O sindicalismo galego na Transición 1972-1977’, que aborda a xénese, desenvolvemento e consolidación do sindicalismo nacionalista no contexto de pulo do movemento obreiro galego nos últimos anos do franquismo e na Transición.

A mostra forma parte dun proxecto de divulgación cultural que pon en valor o traballo de documentación histórica da Fundación Moncho Reboiras, depositaria do arquivo da Confederación Intersindical Galega (CIG) e de fondos do sindicalismo nacionalista. Permanecerá aberta ata o 31 de marzo.

A inauguración contou coas intervencións do vicerreitor de Comunicación e Coordinación da USC, Xosé Pereira; do secretario xeral da CIG e presidente da Fundación Moncho Reboiras, Xesús Seixo; o director da Fundación, Manuel Mera, e a presidenta da Agrupación Cultural O Galo, María Antonia Pérez.

A maiores da exposición, na que colabora a Deputación da Coruña, o proxecto consiste tamén nun caderno divulgativo e un vídeo documental de 15 minutos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.