O Congreso Internacional de Cultura e Poder estuda en Santiago o fenómeno das migracións

O Congreso Internacional de Cultura e Poder estuda en Santiago o fenómeno das migracións

A mobilidade e os movementos migratorios, con especial énfase nos novos modelos de (e/in)migración e a súa representación na literatura, os medios de comunicación e as artes visuais, é o eixo do congreso inaugurado en Santiago e organizado polas tres universidades galegas en colaboración co Instituto Universitario Amergin (UDC), o Instituto Franklin (UAH), a Iberian Association for Cultural Studies (IBACS) e a Fundación Araguaney Puente de Culturas.
Especialistas dos cinco continentes debaterán durante tres días no congreso “Novas tipoloxías de (e/in)migración: mobilidade e espazos transculturais. XX Congreso Internacional Cultura e Poder’ sobre aspectos como política e mobilidade; internacionalismo, transnacionalismo e transculturalismo; (E/In)migrantes, exiliados, expatriados, refuxiados e solicitantes de asilo; Migración, identidade, cidadanía e pertenencia; Subversión de fronteiras espaciais e corporais; (E/In)migración nun contexto anterior e posterior á crise; Asia e África na literatura das migracións ou movementos anglo-indios, entre outros moitos temas.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Migrantes en Ceuta: o dobre estigma da exclusión social e o medo ao contaxio

A evidencia científica apunta que as persoas inmigrantes chegan, en xeral, con bo estado de saúde, e corren o maior risco de enfermar derivado das condicións nas que malviven

Un congreso da UDC pon Galicia no mapa da física solar na semana da eclipse total

O astrofísico Martín Gómez Miguez explica como o valor do fenómeno cambiou co paso do tempo e a evolución das ferramentas de observación e medición.

Os hórreos, recoñecidos como Patrimonio Cultural Inmaterial

O Consello de Ministros aprobou un decreto que garante a protección, estudo e transmisión ás futuras xeracións deste legado tradicional

Castro de Rei é o único lugar da península onde nidifica o mazarico real, en perigo crítico

O enclave lucense concentra a totalidade da reprodución confirmada desta ave migratoria na Península Ibérica