Woman Emprende impulsa spin-off tecnolóxicas creadas por mulleres

O programa Woman Emprende da USC organizará a partir de finais de outubro dúas propostas formativas dirixidas especificamente ao emprendemento en perspectiva feminina: o Encontro Atalanta dedicado á creación de empresas de base tecnolóxica promovidas por mulleres e o curso en liña ‘Da idea á empresa. A miñas motivacións para emprender’.

Web do programa Woman Emprende.
Web do programa Woman Emprende.

Atalanta é unha proposta que organizan conxuntamente o día 21 de outubro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a USC e o Instituto da Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades á que están convidadas as universidades españolas e especificamente os organismos que participan na creación de empresas de base tecnolóxica. Durante esta xornada presentarase a metodoloxía Innovatia 8.3, proxecto de traballo desenvolvido dentro de Woman Emprende que ofrece materiais e recomendacións para que o proceso emprendedor se desenvolve de xeito neutral en termos de xénero.
Neste encontro realizarase tamén unha análise das particularidades do emprendemento feminino universitario da man de representantes de institucións universitarias de Madrid, Cataluña, Andalucía ou  País Vasco. Ademais está programada unha mesa de debate con algunhas das mulleres que lideran empresas spin-off promovidas dende diferentes universidades españolas para propiciar o intercambio de experiencias de éxito neste eido.

O encontro inclúe unha mesa de mulleres que lideran empresas spin-off

Con matrícula gratuíta e unha carga lectiva de 30 horas, Woman Emprende tamén organizará entre o 22 de outubro e o 24 de novembro o curso de formación en liña ‘Da idea á empresa. As miñas motivacións para emprender’. O obxectivo é achegar ás persoas interesadas as claves para analizar unha idea de negocio e coñecer a súa viabilidade futura, prestando especial atención á emprendedora. As destinatarias son mulleres pertencentes á comunidade universitaria de calquera universidad española.
O programa articúlase en catro módulos (Eu como emprendedora, A miña idea de emprendemento, Eu e a miña idea de negocio e A miña aproximación ao plan de empresa) ao que hai que engadir a realización dun exercicio de avaliación. As interesadas poden dirixirse ao correo uniemprende@usc.es.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía

A USC terá cunha cátedra para aplicar intelixencia artificial á medicina personalizada

Encabezada polo CiTIUS, o proxecto explorará a aprendizaxe automáticos e os modelos preditivos para personalizar os tratamentos