Xoves 25 Abril 2024

O Campus do Mar obtén a calificación definitiva de Excelencia Internacional

O Campus do Mar da Universidade de Vigo continuará sendo excelente, pero a partires de agora, de xeito definitivo. A agregación mariña da institución académica viguesa, que agrupa a máis de 3.000 investigadores dunha vintena de institucións de Galicia e Portugal, vén de reconfirmar o selo de excelencia que outorga unha comisión internacional designada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que se encarga de avaliar e analizar a consecución dos obxectivos definidos polos campus de excelencia internacional das universidades españolas. Tralas avaliacións parciais dos anos 2012 e 2013, Campus do Mar acada agora esta de carácter definitivo, que coincide ademais no tempo coa confirmación dunha achega do Ministerio de Educación de 166.845 euros para o financiamento de actividades de internacionalización e empregabilidade do campus de excelencia internacional mariño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Esta inxección económica chega tras tres anos de paralización efectiva das convocatorias de axudas por parte do Ministerio, o que obrigou a introducir importantes modificacións nos prazos de distribución do orzamento de Campus de Mar, que tivo que reprogramar o préstamo concedido inicialmente para os anos 2011 e 2012, estendéndoo inicialmente aos exercicios dos anos 2013 e 2014 e recentemente aos próximos de 2016 e 2017. Dos máis de 166.000 euros captados por Campus do Mar na convocatoria competitiva do Ministerio para a consolidación de proxectos de excelencia nas universidades españolas, 63.625 destinaranse a impulsar a internacionalización do programa de doutoramento DOMAR, 42.500 ao reforzo da rede Ceimarnet e 60.720 ao fomento da empregabilidade mediante prácticas profesionais.
Máis información no seguinte enlace:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10750&Itemid=39

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos