O 112 incorpora unha App para localizar persoas en situacións de emerxencia

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia vén de poñer en marcha unha nova aplicación que facilitará a localización de persoas que se atopen en situación de emerxencia. A App, denominada “Alpify”, é de fácil manexo e basta con premer o botón vermello de “emerxencia” para que envíe un aviso ao 112, que recibe a ubicación da persoa que pide o auxilio, xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. No caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envíe unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.
Grazas á App, o CAE 112 poderá localizar con maior precisión a través de GPS cando unha persoa chame ao Centro de Atención ás Emerxencias, poderase localizar a persoas que fosen dadas por desaparecidas; enviar alertas adaptadas á localización onde se atopa a persoa; e ademais, con importantes vantaxes especialmente na procura de persoas maiores con senilidade e para reforzar a seguridade en zonas rurais.
A aplicación permitirá ao usuario conectar directamente co Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, desde onde localizarán a súa ubicación e o traxecto realizado nas últimas horas para poder prestarlle así a axuda que necesite. O emprego desta ferramenta, baseada na tecnoloxía GPS, 4G/3G/GPRS y GSM, permitirá que, no caso de aviso por parte dunha persoa atrapada, accidentada ou perdida, os servizos de emerxencias poidan coñecer exactamente a súa situación ou o percorrido realizado ata chegar ao punto no que se atopa, o que permitirá reducir os tempos de resposta. “Alpify” pódese descargar gratuitamente desde o propio smartphone en Iphone, Android e Blackberry ou a través da web alpify.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vives nunha zona de risco de carrachas? Compróbao nesta aplicación

A plataforma Garrapata Alert combina ciencia cidadá e asesoramento experto para identificar especies e aconsellar no caso de picadura

Tes un ben cultural ao lado da casa? Este mapa interactivo de Galicia permíteche descubrilo

A aplicación desenvolvida polo divulgador Manuel Gago permite consultar máis de 75.000 pezas de patrimonio a través dun mapa interactivo e imaxes históricas

A brutalidade dos ataques en Gaza a través dos ollos dos seus sanitarios

Un estudo detalla que un 95% do persoal médico ten que tratar a máis de 5 pacientes ao mesmo tempo polo xenocidio israelí na Franxa

Un proxecto galego revela os descoñecidos movementos das aves mariñas con tecnoloxía GPS

Os resultados achegan novas claves para a conservación das especies e a súa convivencia coa actividade pesqueira, en busca de medidas adaptadas